Boas tardes! A entrada de hoxe é moi variada, pero coma sempre está repleta do voso esforzo e dedicación! Vega conseguiu atrapar todas as letras da palabra Crocodilo! Que ben!
Sergio, Leo, Nora, Kendra e Valentina desfrutaron moito do conto Frederick e fixeron composicións moi bonitas con acuarelas e os ratiños!
E, para rematar, Leo e Valentina axudaron a Paco Papán que anda moi despistado... Menos mal que lle botastes unha man!
Bos días! Esta semana divertístesvos e aprendestes co conto Crocodilo. Ademais, volvéstesnos sorprender cos vosos vídeos cantando e signando a canción! Facédelo xenial! Moitas grazas a todos e todas! Encantounos vervos!
Este conto que vos deixamos hoxe coñecédelo moi moi ben... Así que fixémolo un pouquiño máis difícil e decidimos empregar a lingua de signos mentras o cantamos. Esperamos que vos guste e se vos animades podedes mandarnos un vídeo ou un unha foto facendo algún signo.
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Este conto é un poema acumulativo para ler e cantar, no que podemos traballar as cores. Comeza cun extravagante crocodilo verde, verde, verde, que se sobe nun baúl azul azul, azul, que sobe...
ACTIVIDADES RELACIONADAS: De novo deixámosvos un miniproxecto sobre o conto elaborado por nós (lembrade que non tedes que facelo todo, só queremos aportar ideas que podedes adaptar ás vosas necesidades). Premede na imaxe para abrir o PDF.
E ademáis mirade que ideas tan divertidas para xogar con este conto. Animádesvos a facer algunha?
Construímos unha torre cos personaxes do conto: Teredes que facer o debuxo de cada cousiña que sae no conto, pegalas en pezas de construción, caixiñas, ou outro obxecto que teñades pola casa e se poida facer unha torre con el. A continuación colocaredes os personaxes como van aparecendo no conto, que ten por riba o crocodilo? e o baúl?. Tamén podedes facer (o papi ou a mami) a torre con algún erro e que o atopen, e todo aquilo que se vos ocorra.
Xogamos coas cores, as palabras e as imaxes: Aquí tedes 2 xogos, un para asociar as palabras ás imaxes, pode ser co nome das cores ou co dos personaxes do conto, e o outro de buscar parellas.
Premendo na imaxe podedes abrir o PDF cos debuxos e as palabras.
Crea o teu conto: Segue os seguintes pasos...
1. A opción máis divertida é que debuxes os personaxes, pero senón podes imprimir os debuxos que vos deixamos a continuación, ou calcar o debuxo na pantalla do ordenador.
2. Pinta, recorta e pega sobre cartolina.
3. Escribe debaixo de cada debuxo ou recorta letras de revistas e pégaas formando palabras.
4. Encuaderna: cose as cartolinas con lá ou corda ou grampa.
Premede na imaxe para abrir o PDF.
E para rematar deixámosvos o vídeo no que o autor do libro, Antonio Rubio, nos conta e canta o conto. Pinchando aquí CROCODILOpodedes ver o vídeo.
En 4º de infantil seguimos aprendendo as cores e experimentando con
elas. O morado é a cor do tellado do conto pero tamén das uvas e das
mans moradas contra a violencia de xénero!
Na aula da Raposa Marosa conmemoramos o 25N participando na realización
do mural #equaliter2019 no que participaron moitísimos coles de toda
Galicia (tedes toda a información na entrada anterior).
Para facer o mural empregamos témpera de cor rosa e azul, que por arte de máxia se converteu en morada. Mirade!
Pero como todas as semanas tamén pintamos, neste caso, o tellado do conto Crocodilo.
E tamén comezamos a elaborar un xogo que acabará nas casas de todas as
nenas e nenos... pero teredes que ter paciencia, quizáis non podades
velo rematado ata o segundo trimestre. Polo de agora só podemos
ensinarvos o inicio deste proceso... que será?
E como xa sabedes fixemos varios murais empregando a cor morada. Nun
usamos corchos para pintar as uvas dos acios e noutro diversos materiais
plásticos para practicar tamén as liñas rectas!
A semana pasada, na clase da Raposa Marosa, fixemos moitísimas liñas
rectas. Para comezar a traballalas preguntamos na asamblea quen sabía
algo sobre estas misteriosas liñas... moitas nenas e nenos fixeron liñas
rectas no aire, outras no chan, algúns atoparon liñas rectas na aula e
Mateo comentounos algo moi interesante, que ademais pensamos que é moi
importante que o sepades todas as mamás, papás, avós, avoas, tías e
tíos... CANDO NA ESTRADA HAI LIÑAS RECTAS NON SE PODE ADIANTAR!
Unha vez identificamos as liñas rectas fixemos un montón delas con
cordas e camiñamos moi amodiño para non facer ningunha curva. Como na
clase non temos moito sitio, coa axuda da profe Lucía, continuamos a
actividade no ximnasio. Mirade, mirade!
Para continuar vivenciando o concepto fixemos un montón de rectas no
encerado empregando xiz de cores, e tamén, por equipos e seguindo os
caminiños das cordas, fixemos liñas rectas con diferentes materiais da
aula (pezas de construcción, coches, legos, alimentos da cociniña...)
E como todas as semanas fixemos un mural, de cor morado, cheo de liñas
rectas. Para facelo empregramos diferentes materiais plásticos e de
escritura: rotuladores, ceras e rodillos con témpera morada.
As liñas rectas tamén aparecen nos momentos de lecer (empregando
pinchitos, cando xogamos nos recunchos...) e tamén cando facemos
traballo individual, como no que tiñamos que unir os números 1, 2 e 3
cos personaxes dos contos.
E por último probamos a facer un traballo de maiores... recortamos papeis de colores coas tesoiras!
Xa sabemos que é moi perigoso usar as tesoiras solos por iso recortamos
un por un e coa axuda das mestras, intentando seguir as liñas marcadas
nos papeis. Foi moi difícil pero mirade que ben nos quedou!
Agardamos que vos guste moito todo o que fixemos, ata a vindeira entrada!
Na aula da Raposa Marosa continuamos traballando co conto Crocodilo,
nesta ocasión coa pedra negra... e que ben nos ven esta cor para
celebrar a festa do Samaín!
Ademáis de decorar o cole con cabazas, monstros e bruxas, tamén
decoramos a nosa clase cunhas arañeiras moi especiais. Para elaboralas
empregamos oveiras, témpera negra e branca e canicas... mirade como
fixemos!
Primeiro pintamos as oveiras cos pinceis e a témpera negra.
Despois elaboramos a arañeiras pintando con canicas e témpera branca
sobre unha cartolina negra. Para meter as canicas na bandexa usamos unha
culler... que difícil, eran moi escorregadizas!
Pero que divertido foi pintar coas canicas, mirade!
E por último, coa axuda das mestras montamos as arañas e as arañeiras!
Gústanvos? pois fixemos moitas outras tarefas empregando a cor negra,
unha delas foi elaborar a páxina do que será o noso conto de Crocodilo
empregando papel de seda negro.
As demais actividades coa cor negra teñen que ver coa luz e as sombras,
pero esas deixámolas para a vindeira entrada do blog. Biquiños e
apertas!
A semana pasada, na aula da Raposa Marosa continuamos traballando as cores co conto Crocodilo, e como xa sabedes, tocou o amarelo! O castelo apareceu na clase e o baúl azul deu un chimpo e ahí estaba, enriba del... As nenas e nenos empregamos pinturas de cera para pintar castelos de papel, tamén modelamos plastilina amarela, estampamos con diferentes materiais e ata empregamos cola e papel de celofán para decorar a un paxariño moi especial. Mirade!
Na seguinte foto podedes ver os estampados con pezas de construcción... por suposto en amarelo!
E mirade que conto nos leu a profe Rocío na Biblioteca de Lili, Pájaro Amarillo, de Olga de Dios. Foi moi divertido e cando voltamos para aula descubrimos que se miras a través do papel de celofán amarelo, todas as cousas se ven de cor amarela... ata as caras das nosas compañeiras e compañeiros! Probade, probade.
Por último queremos ensinarvos os nosos manteis das merendas... para facelos estampamos en cor amarela uns corazóns con esponxas e logo pegamos as nosas fotos e un montón de froitas... case tantas como imos a comer ao longo de todo o curso, xa veredes que fortes nos poñemos con tanta vitamina!
Lembrades ao crocodilo verde da semana pasada? Pois non vos perdades ao baúl no que acabou subido! Un baúl que comezou a semana sen cor e acabou pintado igualiño co do conto.
Mirade todo o que traballamos na aula da Raposa Marosa: un mural xigante, moitas nubes, charcos... toda a aula encheuse de cor azul!
Para facer o mural empregamos os rodillos brandiños e as esponxas...
E mirade que maneira de pintar charcos soprando a cor cunha palliña! E que divertidos estamos no collage!
Tamén empregamos un papel moi suave, o papel de seda en dous tons distintos (xa sabemos que o azul clariño podemos facelo engadindo branco á cor escura, igualiño que fixemos no mural) E por último, pintar o baúl para que fose como o do conto... empregamos os pinceis e quedou así de ben!
Xa coñecemos dúas cores, o verde e o azul... e esta semana xa comezamos coa cor amarela... o conto continúa! :)
Esta semana, na aula da Raposa Marosa comezamos a traballar con "Crocodilo" un contiño moi pequerrecho de Antonio Rubio e Óscar Villán e editado por Kalandraka.
O conto é pequeniño pero con el aprenderemos, de maneira divertida, as cores primarias e secundarias...
Nesta ocasión comezamos co verde, e despois de ler o conto fixemos un montón de actividades, mirade!
Primeiro buscamos cousiñas verdes pola nosa aula... tiñamos que atopar 1 obxecto verde cada un (só 1 porque a Raposa Marosa puxo o cartel do número 1 ao ladiño da cor verde). E mirade todo o que atopamos: coches, pratos, osiños e ata unha cabaciña! Pero a nosa sorpresa foi cando Daniela atopou ao mesmiño Crocodilo verde do noso conto! Xa non estaba perdido!
Tamén pintamos un mural moi grande entre todos. E empregamos coches de xoguete para facelo, mirade que ben o pasamos!
E despois, un pouquiño de traballo individual... con témpera verde e uns bastoncillos dos de limpar os oídos pintamos a Crocodilo.
Por último, durante toda a semana fixemos moitas outras actividades nas que empregamos a cor verde: Pintamos con ceras verdes ao monstro de cores en calma (Logo de ler e representar cos monicreques o conto "O Monstro de Cores" de Anna LLenas), estampamos burbullas con rollos de papel logo de investigar o que son os círculos e os cilindros...
Moito traballamos :) e agora que cor tocará? Teredes que agardar ata a vindeira semana para averigualo.