Esta
fin de semana queremos seguir recomendando Webs, e perfís educativos nas redes
sociais. Se precisades ideas para pasar estes días de maneira divertida podedes
premer nas imaxes que tedes debaixo das descricións… e lembrade que nas
entradas anteriores tamén atoparedes un montón de propostas con actividades e
tarefas sinxelas e educativas.
AULAS
GALEGAS: Trátase dun portal educativo no que podedes acceder a numerosos
recursos organizados por niveis e materias. No apartado dedicado á educación
infantil atoparedes experimentos, retos para estar en forma, propostas en
lingua inglesa, actividades para traballar a lóxico-matemática, contos...
ABRACITOS
DE PAPEL: Neste blog tedes unha recompilación de materiais
interesantes cos que poder traballar o razoamento lóxico, a atención, o conteo,
o vocabulario… Tamén hai unha lapela dedicada a contos e libros infantís, con
recomendacións e propostas de traballo.
MARONA
DE COLORS / MAMI DE COLORES: Trátase dun perfil de instagram
repletiño de actividades e xogos cos que divertirse e aprender: manualidades
con materiais de refugallo, xogos matemáticos, actividades para traballar a
psicomotricidade fina…
ACTIVIDADES
INFANTIL: E para os que tedes facebook, recomendámosvos esta
conta, que como o seu nome indica, comparte numerosas actividades adaptadas ás
nenas e nenos de educación infantil: imprimibles, xogos, ideas divertidas para
traballar a motricidade, os conceptos matemáticos, para realizar crebacabezas,
actividades de arte…
Agardamos que vos parezan interesantes e
que vos aporten moitas ideas para pasar estes días en familia.
A sección “CADA DÍA UN CONTO” continuará
logo de que pase a vindeira semana, pero lembrade que podedes seguir explorando
ideas nas recomendacións webs anteriores e que podedes volver a divertirvos cos
contos que xa tedes publicados no blog:
Perdido?, Ranilda, A vella Lulula, Polo camiño, O monstro de cores, O conto do Coronavirus, Desayuno de primavera, Un Libro, Animais, Monstro Rosa, A vaca que puxo un ovo, Corre corre cabaciña,
O cazo de Lorenzo e A eiruguiña comellona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario