O CONTO DE HOXE É: ANIMAIS
Autores: Antonio Rubio (escritor) e Óscar Villán (ilustrador)
Editado en galego pola Editorial Kalandraka.
Pinchando na imaxe podedes ver o conto.
Conto extraído da web Kalandraka TV
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Os animais deste conto aparecen
pouco a pouco ata reunirse nun final no que se pon en pulo o valor da
amizade. No enlace podedes ver a Bea Campos contando e cantando este
contiño no que ademais poden intervir as nenas e nenos
ACTIVIDADES RELACIONADAS: Hoxe deixámosvos unha actividade
elaborada por nós: Un caderno de investigación sobre os animais do
conto! Este caderno é só unha idea, se tedes impresora na casa
podedes imprimir o PDF e traballar sobre el, pero se non tedes
podedes usalo de guía para elaborar o voso propio caderno de
investigación (incluso podedes buscar máis información e
curiosidades sobre estes animais… ou sobre outros polos que teñades
interese). Agardamos que o pasedes xenial! Ah! E coma sempre, se o
precisades podedes pedirlle axuda aos maiores.
Pinchando na imaxe podedes ver o documento.
Pinchando na imaxe podedes ver o documento.
NOTA: O caderno de investigación pode facerse de moitas maneiras…
debaixo do nome de cada animal hai unha liña, nela podes escribilo
ti (ou intentalo). As preguntas poden responderse escribindo ou
debuxando. Por exemplo:
Na ficha da pantera preguntamos de que cor son a maioría delas, para
contestar podedes escribilo ou ben pintar un circuliño da cor
correspondente.
Na ficha da cegoña podedes responder escribindo, repasando o que
escribe un maior ou debuxando a resposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario