O CONTO DE HOXE É: ELMER
Autor: David
McKee Editado en
galego pola Editorial Kalandraka
Videoconto extraído da canle de
youtube “Taxi Roberto Burela”
BREVE
INFORMACIÓN DO CONTO: A historia de Elmer, o elefante de cores, é un
clásico da literatura infantil, un conto que promove a solidariedade, o respecto,
a aceptación e a amizade. As ilustracións, realizadas polo seu autor David
McKee están inspiradas pola obra do pintor Paul Klee. E como curiosidade… o 23
de maio celébrase o Día Mundial de Elmer!
ACTIVIDADES RELACIONADAS: En
internet podedes atopar moitísimas actividades para traballar o conto
(manualidades, actividades imprimibles, coloreables, actividades
interactivas…). Inspiradas en todas estas actividades realizamos un pequeno
proxecto sobre Elmer do que podedes sacar moitas ideas e adapatalas ás vosas
fillas e fillos, agardamos que vos gusten!.
E tamén vos deixamos dous enlaces con
ideas que nos parecen interesantes para pasar moi bos momentos en familia… e
con Elmer!
CLUB
PEQUES LECTORES: TEATRO DE SOMBRAS DE ELMER con imprimibles para poder facelo de
maneira moi sinxela na casa. Ademais neste mesmo enlace podedes atopar
imprimibles para facer teatro de sombras de outros contos como o de “La pequeña
oruga glotona”.
EL
MUNDO DE RUKKIA: Unha vez máis acudimos ao mundo de Rukkia,
neste caso propón actividades como: unir as parellas de iguais, buscar
diferencias, xogos de memoria, de sobras, crebacabezas…
No hay comentarios:
Publicar un comentario