O CONTO DE
HOXE É: A VACA QUE PUXO UN OVO
Autores:
Andy Cutbill (escritor) e Russell Ayto (ilustrador)
Editado en
galego pola Editorial Patas de Peixe
Conto extraído da canle de youtube
“Taxi Roberto Burela”
BREVE
INFORMACIÓN DO CONTO: Este conto tan divertido trata temas tan
importantes como a construción da autoestima e da intelixencia emocional e pon
en valor os logros que se poden conseguir a través da amizade, a cooperación e a
solidariedade. Ademais trata de maneira comprensible para os máis pequenos o
tema da adopción e dos diferentes tipos de familias, a través do amor
incondicional que amosa a protagonista ao seu bebé pitiño.
ACTIVIDADES
RELACIONADAS: A proposta de hoxe vai a ser moi divertida… que vos parece facer
a vosa árbore xenealóxica? Si si, podedes facela de moitas maneiras: buscando
fotos dos vosos familiares, debuxando a vosa familia, escribindo o seus nomes…
lembrade que cada familia é diferente! Hai familias moi numerosas cunha mamá,
un papá, varios irmáns, os avós, tíos, curmáns… outras son más pequeniñas pode
ser unha mamá, unha filla e un gatiño (non esquezades ás vosas mascotas!),
noutras familias hai dúas mamás, noutras un papá e moitos tíos e tías, noutras
incluso pode haber unha tartaruga… Pero todas son diferentes e especiais!
Anímate e descubre a túa, que de seguro é a mellor do mundo para ti!
Importante! QUE É UNHA ÁRBORE
XENEALÓXICA? Pois é un debuxo (a maioría das veces con forma de árbore) na que
se poden ver aos teus familiares moi ben ordenadiños e colocados dunha maneira
especial: Na parte de arriba da árbore colócanse os familiares máis maiores
(polo xeral os avós) e logo vas colocando debaixo dos avós aos teus tíos, tías
e aos teus papás e debaixo deles aos teus curmáns e irmáns… e a ti!
Esta sería unha árbore xenealóxica
tradicional, pero igual que pasa coas familias, o teu debuxo pode ser diferente
porque como xa dixemos, non todas as nosas familias son iguais. Arriba esa creatividade!
Recomendacións lectoras dende o
Piso de Abaixo da Escola: FAMILIAS de Oh Mami Blue e FAMILIARIUM de Mar Cerdá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario