O CONTO DE
HOXE É: A QUE SABE A LÚA?
Autor: Michael
Grejniec Editado en galego pola Editorial Kalandraka
Videoconto extraído da canle de
youtube “Taxi Roberto Burela”
BREVE
INFORMACIÓN DO CONTO: Este clásico da literatura infantil amósanos a
importancia do traballo en equipo, a cooperación e a amizade. A historia ten
como eixo central á lúa, e como protagonistas aos animais da selva que queren
chegar onda ela para probar o seu sabor. O traballo en equipo fai que o animal
máis pequeno, o ratiño, sexa o que finalmente chegue coller un pedaciño de lúa,
do que irán probando todos os animais.
ACTIVIDADES
RELACIONADAS: Coma no caso de Elmer ou a Eiruguiña Comellona, internet está
repletiño de actividades para traballar o conto. Desta volta, propoñémosvos un
miniproxecto elaborado por nós, do que podedes coller ideas (non tedes que
facelo enteiriño, só queremos que teñades propostas de traballo para que vós
adaptedes e fagades o que vexades máis axeitado para as vosas fillas e fillos
neste momento). Agardamos que vos guste!
THE
BIG BAG TEACHER: Actividades que podedes atopar: Un paso a
paso cos materiais precisos para contar o conto “ao grande”, unha ficha para
traballar as medidas, xogos de imitación, obradoiro de maquillaxe, twister dos
animais…
No hay comentarios:
Publicar un comentario