O CONTO DE HOXE É: CORRE CORRE, CABACIÑA
AUTORA:
Eva Mejuto
ILUSTRADOR:
André Letria
EDITORIAL:
OQO
Conto extraído da páxina: http://oqo.es/
BREVE
INFORMACIÓN DO CONTO: trata dunha velliña que quere ir ó casamento da súa neta,
pero polo camiño atópase cun lobo, un oso, e un león que a queren comer. Ela
convence ós animais para que a esperen á volta do convite e, despois da
celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar ás tres
feras.
ACTIVIDADES
RELACIONADAS:
- Facer aos protagonistas ( o oso, o lobo o león, a velliña, a neta e como non, a
cabaza) en cartón e facer un pequeno teatro. Como por exemplo o da imaxe:
- Facer a cabaza con pasta de sal: ingredientes: 1 parte de sal fina, 1 parte de
auga, 3 partes de fariña e colorantes alimenticios, misturamos vermello e amarelo.
COMO
FACELA!
- Fichas de grafomotricidade: pinchando na imaxe podedes descargar unhas fichiñas para traballar os trazos, poden facerse seguindo o camiño co dedo, con pinturas ou ben con plastilina.
- Memory: se facedes clic na imaxe podedes descargar as imaxes para facer o memory, se non tedes impresora podedes facelo a man, debuxando aos personaxes, seguro que queda xenial!!
- E por último, podedes escoitar a canción de corre,corre cabaciña, que tanto vos gusta!!!!
Actividade extraída de http://maestrosconilusion.com/grafomotricidad-con-corre-corre-calabaza
Actividade extraída de http://maestrosconilusion.com/jugar-con-los-cuentos
Vídeo extraído da canle de youtube "Taxi Roberto Burela".
No hay comentarios:
Publicar un comentario