O CONTO DE
HOXE É: A CEBRA CAMILA
Escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Óscar Villán
Editado en
galego pola Editorial Kalandraka
Conto extraído da canle de
youtube “Taxi RobertoBurela”
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Alá onde se acaba o mundo vivía unha pequena cebra. Un día, ao saír o
sol, o vento bandido levoulle as sete raias do seu vestido. Unha araña, un
caracol, unha serpe, o arco da vella e unha chicharra, entre outros animais do
campo, axudarán a Camila a esquecer a súa pena.
ACTIVIDADES RELACIONADAS:
- Deixámosvos un crebacabezas da Cebra Camila para imprimir. Podedes colorealo engadíndolle as raias que faltan, recortalo e despois compoñelo tantas veces como queirades. Premede na imaxe para descargalo en PDF.
- E premendo na seguinte imaxe podedes descargar unha ficha na que podedes pintar as raias da Cebra Camila e ós amiguiños que lle axudaron no conto.
- Tamén podedes facer unha Cebra Camila en cartón e buscar material de refugallo que teñades pola casa para facerlle as raias.
- E, por último, unha manualidade, como facer unha marioneta de cebra con cartolina e la. Quedará xenial!
Actividade extraída de https://iheartcraftythings.com/finger-puppet-zebra-craft.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario