O CONTO DE HOXE É: A MELLOR SOPA DO MUNDO
Autora: Susanna Isern Ilustracións: Mar Ferrero Editorial: OQO
Vídeo extraído de: http://recomendacions-valesvillamarin.blogspot.com/2019/12/a-mellor-sopa-do-mundo.html
Este vídeo foi elaborado polo alumnado e profesorado do CEIP a Xunqueira 2 de Pontevedra.
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa da Tartaruga que, nese momento, puxera auga a ferver para preparar unha sopa.
A medida que ían chegando, os invitados ofrecíanlle: cenouras, froitos vermellos, cebolas, mel e outros moitos ingredientes para que bote na pota. Mentres fóra escurecía e o frío aumenta, dentro da casa os invitados comparten un bo intre e colaboran na preparación da cea. Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor sopa do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga debeu engadir algún ingrediente especial que eles descoñecen. Ao final, Tartaruga desvélalles o seu segredo.
ACTIVIDADES PROPOSTAS:
O primeiro que tedes que facer é debuxar os personaxes do conto, ou imprimir a foto que vos deixamos, colorealos e recortalos.
Cando xa os teñades recortados e coloreados, podedes facer o seguinte:
1. Ordenamos cara arriba e cara abaixo, empregando os debuxos dos personaxes e números que teñamos pola casa.
2. Cada un no seu lugar: podemos sacar algúns dos animais de debaixo dos números e que os coloquen no lugar que lles corresponde segundo van chegando á casa de Tartaruga.
3. Que alimento leva cada un?: buscamos pola casa os alimentos que saen no conto (se non temos podemos debuxalos) e irán colocando cada animal ao lado do alimento que levou para facer a sopa.
4. Traballamos os nomes dos personaxes: podemos empregar os debuxos que xa temos dos animais do conto ou buscar pola casa animais que teñamos e ir colocando as letras do seu nome, ou ben escribir os nomes en tarxetiñas e que intenten ler o que pon e o coloquen ao lado do animal correspondente.
5. Xogo de memoria: para esto precisaremos os debuxos que xa temos dos personaxes do conto e tapóns. Metemos dentro de cada tapón unha imaxe dun animal, teñen que ir dobres. E...a buscar parellas.
6. Unha sopa con moita arte!!: propoñémosvos facer esta receita tan diferente, sacada do libro "La cocina de dibujos" de Hervé Tullet. Seguide as instruccións e a desfrutar, xa nos ensinaredes que sopa tan bonita vos quedou.
E xa para rematar, non hai mellor maneira que con unha canción do conto. Aquí vai:
No hay comentarios:
Publicar un comentario