O CONTO DE HOXE É: DE QUE COR É UN BICO?
Autora: Rocío Bonilla Editorial: Algar
Vídeo extraído de youtube: "De la cama a la luna"
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: este
conto trata dunha nena chamada MINIMONI, a ela encántalle pintar
mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos
amarelos...pero nunca pintou un bico. De que cor será? Vermello como
unha deliciosa salsa de tomate? Non, porque tamén é a cor do
enfado...Será verde como os crocodilos, que sempre lle pareceron tan
simpáticos? Imposible, porque é a cor das verduras, e non lle gusta
comelas! Como podería pescudar de que cor é un bico?
ACTIVIDADES RELACIONADAS:
Pequeno proxecto do conto: preparámosvos unhas fichiñas para traballar o conto. Podedes descargalas e imprimilas pinchando na imaxe ou facelas da maneira que mellor se adapte a cada situación.
Xogamos coas cores: a continuación deixámosvos unhas
imaxes de propostas para traballar as cores, clasificándoas,
seguindo un patrón,... Son moi fáciles de facer, con obxectos que
teñades pola casa.
Imaxes extraídas de Pinterest.
Sigue o camiño: hoxe tamén vos deixamos un exemplo dun xogo de orientación espacial con cores. Podedes adaptalo como vos queirades. Pinchando na imaxe podedes ver o vídeo.
Vídeo extraído de https://www.facebook.com/watch/?ref=saved&v=627216991194388,
Actividades de Educación Infantil
E
xa para rematar deixámosvos a canción “Bicos polo aire” de Fíos
do querer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario