O CONTO DE
HOXE É: UN LIBRO
Autor: HervéTullet
Editorial:
Kókinos
E se tedes o conto na casa podedes
probar a contalo desta maneira, traballando os ritmos. Pinchando na imaxe podedes ver
paso a paso como facelo.
Actividade extraída de http://despertandoeldeseodeaprender.blogspot.com/2014/11/un-libro-de-herve-tullet-aplicado-musica.html
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: ao
abrir o conto só se ve un círculo amarelo e invita ao lector a
pulsar ese círculo co dedo e descubrir o que pasa. Folla a folla
aparecen novos desafíos e novas sorpresas. É unha forma diferente
de facer lectura, a través do xogo.
ACTIVIDADES RELACIONADAS:
Pintar con espuma e colorante: necesitamos un prato
cheo de espuma ( a cal alisaremos un pouco coa man) e unhas gotas de
colorante alimentario enriba. Cun pau imos estendendo o colorante e
pintando. Ao final podemos estampar o resultado nunha cartolina e
deixar secar.
Actividade extraída da web
http://www.clubpequeslectores.com/2016/04/jugamos-cuentos-herve-tullet.html
Tarros da calma de 2 cores: nunha botella de plástico
engadimos auga e colorante. Opcionalmente podemos poñerlle glicerina
á auga para que sexa máis espesa e se mova máis despaciño.
Despois engadimos algo de aceite ata encher case completamente a
botella. Pegamos o tapón con pegamento forte para evitar que se
abra. E listo!!! agora toca xirala e ver como os líquidos non se
misturan e como o aceite cambia de cor ao pasar pola auga coloreada.
Na foto podedes ver como o amarelo do aceite cambia a verde ao pasar
polo azul da auga. É unha maneira divertida e relaxante de
experimentar a mistura de cores.
Actividade extraída da web
http://www.clubpequeslectores.com/2016/04/jugamos-cuentos-herve-tullet.html
Xogo con tapóns: se temos pola casa tapóns ou
calquera outra obxecto das cores azul, vermalla e amarela,
traballaremos un pouco de lóxico-matemática con este conto. Podemos
facer series, representando as follas do conto, agrupar por cores,
...
No hay comentarios:
Publicar un comentario