O CONTO DE HOXE É: PERDIDO?
Autor: Oliver Jeffers
Editado en galego pola editorial Patas de Peixe.
Conto extraído da canle de Youtube “Taxi Roberto Burela”, e
contado por Antía.
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Trátase dunha fermosa historia
de amizade e de atención cara os sentimentos dos demais. Pon en
valor a superación para atopar solucións aos problemas, ser capaces
de pedir axuda, ser reflexivos e sobre todo pon en valor a amizade e
nosa capacidade empática para poder entender o que senten os demais.
ACTIVIDADES RELACIONADAS: Logo de ver o conto podedes facer
uns monicreques de dedo así de sinxelos, só precisades cartón,
cores e unhas tesoiras:
(imaxes extraídas da web TEA ON THE MOON. Podedes premer no enlace
para ver o artigo completo)
http://www.teaonthemoon.com/2012/05/oliver-jeffers-avalanche-city.html?m=0
Este fermoso conto converteuse nunha mediametraxe que polo de agora
só podedes ver en inglés, aínda así deixámosvos o enlace ao
trailer e ao filme en lingua inglesa.
TRAILER:
PELÍCULA EN INGLÉS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario