O CONTO DE HOXE É: LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA
Autor: Eric Carle
Editado en galego pola Editorial Kókinos baixo o título: A
Eiruguiña Comellona
Videoconto extraído da canle de youtube “Aula de Elena”
Tamén vos deixamos este vídeo no que o propio autor nos le a versión en inglés do conto.
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Trátase dun pequeno contiño co
que se poden traballar moitos recursos educativos: as cores, os días
da semana, os números ata 5, os diferentes tipos de alimentos e a
alimentación saudable, o paso do tempo, a evolución da eiruga ata
converterse en bolboreta… Ademais conta cunhas ilustracións cheas
de cor e se pode adquirir en diferentes edicións: con buratiños,
pop-up, conto de tela…
ACTIVIDADES RELACIONADAS: Hai tantísimos recursos dispoñibles
nas redes para traballar este conto que é case imposible escoller só
unha ou dúas actividades, así que… aquí tedes varias propostas
con enlaces ás webs para que escollades vós o que máis vos apetece
facer logo de escoitar o conto! Premede nas imaxes para ver toda a
información, agardamos que o pasedes xenial.
PEQUETABLET: APPS e outras actividades para nenas e nenos
sobre a eiruguiña comellona.
EL MUNDO DE RUKKIA: Recursos imprimibles para colorear, atopar
diferencias, contar e escribir números… tamén hai fichas
animadas, xogos…
CUENTOS PARA CRECER: Con actividades para traballar a
motricidade fina e xogos sinxeliños.
THE BIG BAG TEACHER: Diversas propostas para traballar as
intelixencias múltiples a través do conto. Ao pinchar na imaxe
accederedes ao PDF do proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario