O CONTO DE HOXE É: ¿LE PONDREMOS UN BIGOTE?
Autora: Mar Benegas Ilustrador: Lalalimola Editorial: La cereza
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Hoxe deixámosvos un conto diferente, moi sinxelo, que ademais de contalo temos que cantalo. Este conto serve para traballar as partes do corpo e a figura do esquema corporal.
ACTIVIDADES RELACIONADAS:
A primeira actividade pode ser debuxar os obxectos que saen no conto e colorealos para poder montar o monigote. Se tedes impresora e preferides imprimilo deixamos aquí os debuxos.
Imaxe extraída de https://www.pinterest.es/pequeideas/
Pincando na seguinte imaxe podedes ver o exemplo desta actividade:
E para a segunda actividade toca ser moiiii creativos e creativas, seguro que o conseguides. Tedes que elaborar un cadro no que vos faredes a vós. Como no exemplo que vos ensinamos.
Imaxe extraída do blog: http://bricolagelolo.blogspot.com/2014/06/de-bric-et-dbroc.html?spref=pi
Tedes que buscar material de refugallo pola casa, tapóns, pedras, cordóns, follas, ..., todo aquilo que consideredes e a continuación comezar a facer o voso corpo.
Estamos desexando ver as vosas OBRAS DE ARTE.
E, por último, deixámosvos esta canción coa que podedes ir debuxando o voso monigote. Algúns xa a coñecedes e seguro que vos traerá bos recordos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario