O CONTO DE HOXE É: O CAZO DE LORENZO
Editado en castelán pola Editorial Juventud.
Tamén vos deixamos o enlace para ver o CONTO NARRADO e o CONTO INTERPRETADO por Beatriz Montero. Pinchando enriba das palabras subliñadas podedes acceder a eles.
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO
Este conto relata as dificultades, as miradas, as
opinións erróneas que recibe Lorenzo porque hai algo que o fai diferente aos
demais: un cazo que ten que arrastrar. Lorenzo esgótase de facer o dobre de
esforzo caos demais nenos cada vez que ten que facer algo e íllase. Atopará a
alguén que lle axude a vivir esa diferenza? Alguén que lle ensine a usar ese cazo?
COMENTARIO: O conto fala da
diferenza, que crea diversidade e que nos enriquece a todos por igual. Todos e
todas en algún momento podémonos atopar con algunha dificultade, cun cazo no
camiño. Ás veces pode ser unha perna rota, non poder escoitar ou ter dificultades
para comunicarse. O importante é que haxa persoas que nos axuden a palialo, a
atopar os nosos puntos fortes, valorar as posibilidades que temos, e sobre todo
estar apoiados.
Hoxe, 2 de abril, é o día internacional da
concienciación sobre o autismo. Moitas veces, só vemos o cazo vermello que leva
Lorenzo, e é información suficiente como para crear ideas erróneas. Achégate
sen medo. A diversidade somos cada un de nós e, pensándoo ben, todos e todas
arrastramos "un cazo".
ACTIVIDADES PROPOSTAS:
- Imprimir e decorar o cazo: empregando cores, pintura de dedos, pegando
papeliños…
- Ordenar as viñetas do conto. Tedes que imprimir a folla coas viñetas e a continuación colocalas correctamente. Se non tedes como imprimilo podedes facelo na pantalla do ordenador, sinalando a orde adecuada.
-Facer fotos cun cazo: ao igual que fixemos as mestras gustaríanos que nos mandedes unha foto vosa cun cazo, con todas elas faremos un collage e colgarémola no blog.
-Ficha de comprensión para saber o atentos e atentas que estivestes:
-Receita de chocolate: xa para rematar esta entrada deixámosvos esta receita para facer un chocolate á taza, a ver que rico vos sae!!!! A disfrutar!!!
Dende o CEIP de
Quiroga e o programa Inclúete no que traballamos a diversidade, consideramos
fundamental facer entender o autismo dende a infancia, de maneira que as
novas xeracións estean concienciadas e sensibilizadas co tema. Cabe sinalar a
importancia de que os máis pequenos saiban como interactuar e relacionarse con
todos os nenos, incluídos os que teñen TEA (trastorno do espectro autista). Para
iso, deben comprender que estes teñen outra forma de percibir e entender o
mundo. Pero… como explicar as
características do autismo? Conseguir que un rapaz ou rapaza o entenda non é
unha tarefa fácil. Por sorte, hai unha ampla gama de recursos didácticos e
pedagóxicos ideais. Ademais do cazo de Lorenzo, deixámosvos outros dous contos
co mesmo título: Mi hermano tiene autismo,
de Ana González Navarro y Victoria Labat Gronchi. Cada un deles están
recomendado para idades diferentes.
Pinchando na imaxe podedes ver o conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario