miércoles, 29 de abril de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: ¡CÓMO MOLA TU ESCOBA!

Autora: Julia Donaldson  Ilustrador: Axel Scheffler  Editado na Editorial Bruño 


Videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Un conto acumulativo cheo de maxia e de humor, no que se pon en valor a xenerosidade e a importancia de ser agradecidos. O relato está escrito en verso e nel cóntase a historia dunha bruxa que viaxa coa súa gata e que vai perdendo diversos obxectos por mor do vento. Os animais que lle axudan a recuperar as súas cousas suben á súa escoba converténdose nun grupo cada vez máis numeroso.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Queremos propoñervos diversas actividades. As que van no pequeno proxecto que xuntamos a continuación están inspiradas e traducidas ao galego das orixinais propostas da autora. Ademais, queremos ofrecervos outras propostas como a elaboración de variñas máxicas ou o visionado dunha pequena curtametraxe da bruxa e a súa gata. Agardamos que vos gusten!

Preme na imaxe para poder descargar o PDF coas actividades impresas.


E aquí tedes dous imprimibles para facer a máscara da gata e a variña máxica. Preme na imaxe.


Pero se queredes que quede moito máis chuli, aquí vos deixamos imaxes de variñas máxicas e gorros de bruxa para que vos convertades na protagonista do conto!


Lembrade que só son ideas, podedes empregar calquera material que teñades a man na casa. E como alternativa ao gorro de bruxa que todos sabemos facer, deixámosvos este minigorro extraído de manualidadesinfantiles.org. Podedes premer na imaxe para acceder ao sitio web.


Por último, unha curtametraxe moi divertida e o enlace á web do conto.

CURTAMETRAXE: WITCH & THE CAT ON AN ADVENTURE


Extraída da canle de Youtube “GRUFFALO WORLD”

“ROOM ON THE BROOM” PÁXINA WEB DO CONTO: Nela poderedes atopar diversas APP con xogos, o trailer da película (polo de agora só dispoñible en inglés), o enlace ás contas de instagram, facebook, pinterest e youtube do conto e outras informacións diversas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario