viernes, 17 de abril de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: AURELIO

Autores: Antonio Rubio (escritor) e Federico Fernández (ilustrador)


Vídeo extraído da canle de Youtube OmundoaorevesSonia Hermida

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: O Morcego Aurelio roubou as cinco vogais para facer o seu nome! Onde poderemos atopalas? Ó longo deste conto rimado irémolo descubrindo... No vídeo podedes ver a Sonia Hermida contando e cantando o conto. Animádesvos a acompañala?

ACTIVIDADES RELACIONADAS:

Atrapa 5 vogais: O nome de Aurelio é moi completo porque contén as 5 VOGAIS! Animádesvos a atrapar (rodear) cada vogal dunha cor diferente e a colorear a Aurelio? Podedes imprimir a ficha que vos deixamos ou crear a vosa propia ficha na casa.


Pero se buscamos as cinco vogais noutros nomes a cousa complicase... Para poder atrapar todas as vogais nós precisamos o nome de catro profes. Cantos nomes vos farán falta a vós para completar toda a colección? Animádevos a probar con outros diferentes!

Recordade que as actividades poden adaptarse a cada neno ou nena. Poden escribir eles os nomes, podedes escribilos vós, repasar puntiños, empregar letras maiúsculas ou minúsculas... Premendo nas seguintes imaxes podedes descargar dúas versións da ficha.




Como soa?: No conto aparecen diferentes palabras formadas imitando sons reais. Que vos parece se escribimos a vogal de cada unha delas mirando os debuxos? Premendo na imaxe podedes descargar un pequeno caderno para completar pero é só unha idea, podedes adaptalo ó voso gusto.


E lembrade que se pode adaptar a cada neno ou nena. No exemplo da imaxe poden escribir o “U” ou o “MUUUU” completo. Poden escribir eles, repasar puntiños ou mesmo recortar de revistas... O que se vos ocorra e se adapte mellor!

Os tarros do morcego Aurelio: Esta actividade consiste en ir gardando en cada tarro palabras que conteñan esa vogal.


Creo ó morcego Aurelio: Seguro que tedes pola casa algún tubo de papel hixiénico ou de cociña... Antes de tiralo dádelle unha nova vida! Transformádeo no morcego Aurelio!



No hay comentarios:

Publicar un comentario