miércoles, 22 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes a todos e todas! Seguides a xogar e aprender cos contos e gústanos moito ver o que vos esforzades! Dende as vosas casas chégannos moitas noticias e queremos compartilas con vós. 

Kendra creou a súa propia sopa e compuxo o monigote do conto. Claudia tamén e, ademais, recordou unha canción que nos encanta!




David completou o caderno de investigación do conto Animais e a colección de personaxes de Monstro Rosa. Ademais, puxo un pouco de cor á primavera!



 Ian xogou con Aurelio e coas cinco vogais. Mirade que colección de letras e palabras!


E, xa para despedirnos, deixámosvos os teatros de sombras de Valentina e Leo nos que, ademais, de Elmer tamén caben os dinosaurios e outros animais. Botade un ollo!




Moitas grazas a todos! Estamos desexando vervos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario