Bos días! Na entrada de hoxe amosámosvos como xogaron e aprenderon Claudia e Enzo con Aurelio. Que ben! Só cos seus nomes xa conseguiron coleccionar as cinco vogais!
Ainoa, Diego, Nora, Sergio, Mateo, Vega e David crearon as marionetas da Cebra Camila e fixéronas galopar cos seus dedos! Que orixinais todas! Agardamos que o pasarades ben!
David e Yerai completaron o libriño do conto A que sabe a lúa? e Lía fixo unha composión dos animais e a lúa que nos encantou. Mirade canto se esforzaron!
E David pasou un bo rato xogando a seguir o mapa das cores e a saltar sobre elas. Algo de movemento sempre vén moi ben!
Moitas grazas a todos e todas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario