miércoles, 15 de abril de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: ¿LE PONDREMOS UN BIGOTE?
Autora: Mar Benegas  Ilustrador: Lalalimola   Editorial: La cereza


BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Hoxe deixámosvos un conto diferente, moi sinxelo, que ademais de contalo temos que cantalo. Este conto serve para traballar as partes do corpo e a figura do esquema corporal. 
ACTIVIDADES RELACIONADAS:
A primeira actividade pode ser debuxar os obxectos que saen no conto e colorealos para poder montar o monigote. Se tedes impresora e preferides imprimilo deixamos aquí os debuxos.

Pincando na seguinte imaxe podedes ver o exemplo desta actividade:

E para a segunda actividade toca ser moiiii creativos e creativas, seguro que o conseguides. Tedes que elaborar un cadro no que vos faredes a vós. Como no exemplo que vos ensinamos.


Tedes que buscar material de refugallo pola casa, tapóns, pedras, cordóns, follas, ..., todo aquilo que consideredes e a continuación comezar a facer o voso corpo. 
Estamos desexando ver as vosas OBRAS DE ARTE.

E, por último, deixámosvos esta canción coa que podedes ir debuxando o voso monigote. Algúns xa a coñecedes e seguro que vos traerá bos recordos!


martes, 14 de abril de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: A MELLOR SOPA DO MUNDO

Autora: Susanna Isern               Ilustracións: Mar Ferrero              Editorial: OQO 



Este vídeo foi elaborado polo alumnado e profesorado do CEIP a Xunqueira 2 de Pontevedra.

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa da Tartaruga que, nese momento, puxera auga a ferver para preparar unha sopa.
A medida que ían chegando, os invitados ofrecíanlle: cenouras, froitos vermellos, cebolas, mel e outros moitos ingredientes para que bote na pota. Mentres fóra escurecía e o frío aumenta, dentro da casa os invitados comparten un bo intre e colaboran na preparación da cea. Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor sopa do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga debeu engadir algún ingrediente especial que eles descoñecen. Ao final, Tartaruga desvélalles o seu segredo.

ACTIVIDADES PROPOSTAS:
O primeiro que tedes que facer é debuxar os personaxes do conto, ou imprimir a foto que vos deixamos, colorealos e recortalos.



Cando xa os teñades recortados e coloreados, podedes facer o seguinte:
1. Ordenamos cara arriba e cara abaixo, empregando os debuxos dos personaxes e números que teñamos pola casa.

2. Cada un no seu lugar: podemos sacar algúns dos animais de debaixo dos números e que os coloquen no lugar que lles corresponde segundo van chegando á casa de Tartaruga.
3. Que alimento leva cada un?: buscamos pola casa os alimentos que saen no conto (se non temos podemos debuxalos) e irán colocando cada animal ao lado do alimento que levou para facer a sopa.



4. Traballamos os nomes dos personaxes: podemos empregar os debuxos que xa temos dos animais do conto ou buscar pola casa animais que teñamos e ir colocando as letras do seu nome, ou ben escribir os nomes en tarxetiñas e que intenten ler o que pon e o coloquen ao lado do animal correspondente.

5. Xogo de memoria: para esto precisaremos os debuxos que xa temos dos personaxes do conto e tapóns. Metemos dentro de cada tapón unha imaxe dun animal, teñen que ir dobres. E...a buscar parellas.

6. Unha sopa con moita arte!!: propoñémosvos facer esta receita tan diferente, sacada do libro "La cocina de dibujos" de Hervé Tullet. Seguide as instruccións e a desfrutar, xa nos ensinaredes que sopa tan bonita vos quedou.



E xa para rematar, non hai mellor maneira que con unha canción do conto. Aquí vai:

lunes, 13 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Bos días a todos e todas!

Que contentas nos pon seguir recibindo as fotos dos vosos traballos! Moitas gracias por recordarnos que aínda que non nos vexamos seguimos estando "conectados". 

Aquí vos deixamos fotos das creacións que fixeron Vega, Diego, Ainoa e Martina e a súa irmá Nerea. Gústannos moito e esperamos que o pasarades moi ben facéndoas!








E aquí vai unha mensaxe de Martina e Nerea para todos e todas! Moitas grazas por darnos ánimo! "Xuntos podemos!"




Despedímonos ata mañá, que retomaremos a sección UN CONTO CADA DÍA e recordade:

Un día máis é un día menos...

Estamos desexando volver estar con vós!

miércoles, 8 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Hoxe deixámosvos máis fotos de cousiñas que fixestes estes días. Neste caso mandáronnos traballos Valentina, Ian, Yerai, Nora, Kendra, Emma, Lía, Leo, Martina e Lydia. Mirade que cousas tan bonitas fixeron. Canto traballaron!!!! 
Moitas grazas. 
Un bico moi moi grande para todos e todas de parte das profes de infantil.










martes, 7 de abril de 2020

GRAZAS POR COMPARTIR O VOSO CAZO

Lembrades o conto "O cazo de Lorenzo"? Nesa entrada conmemorávamos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e unha das actividades propostas era que fixérades unha foto cun cazo na cabeza...como a que fixéramos as profes!
E...vaia sorpresa levamos! Chegáronnos un montón de fotiños.
Mirade!!

Pero non só nos chegaron fotos vosas...tamén de nenas, nenos e persoas máis maiores...jeje, que nos enviaron fotiños preciosas!!



Moitísimas grazas a todas e todos por colaborar con nós para facer posible esta actividade tan bonita!!
GRAZAS

lunes, 6 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Seguimos recibindo traballiños vosos, encántanos que disfrutedes facendo estas cousiñas, aquí vos deixamos fotos do que fixeron: IANe o seu irmán DANIEL, MARTINA, LEO, VALENTINA, NORA, DIEGO e AINOA.
Moitas grazas de novo.









sábado, 4 de abril de 2020

XOGO E APRENDO NA CASA III


Esta fin de semana queremos seguir recomendando Webs, e perfís educativos nas redes sociais. Se precisades ideas para pasar estes días de maneira divertida podedes premer nas imaxes que tedes debaixo das descricións… e lembrade que nas entradas anteriores tamén atoparedes un montón de propostas con actividades e tarefas sinxelas e educativas.

AULAS GALEGAS: Trátase dun portal educativo no que podedes acceder a numerosos recursos organizados por niveis e materias. No apartado dedicado á educación infantil atoparedes experimentos, retos para estar en forma, propostas en lingua inglesa, actividades para traballar a lóxico-matemática, contos...



ABRACITOS DE PAPEL: Neste blog tedes unha recompilación de materiais interesantes cos que poder traballar o razoamento lóxico, a atención, o conteo, o vocabulario… Tamén hai unha lapela dedicada a contos e libros infantís, con recomendacións e propostas de traballo.


MARONA DE COLORS / MAMI DE COLORES: Trátase dun perfil de instagram repletiño de actividades e xogos cos que divertirse e aprender: manualidades con materiais de refugallo, xogos matemáticos, actividades para traballar a psicomotricidade fina… 


ACTIVIDADES INFANTIL: E para os que tedes facebook, recomendámosvos esta conta, que como o seu nome indica, comparte numerosas actividades adaptadas ás nenas e nenos de educación infantil: imprimibles, xogos, ideas divertidas para traballar a motricidade, os conceptos matemáticos, para realizar crebacabezas, actividades de arte…


Agardamos que vos parezan interesantes e que vos aporten moitas ideas para pasar estes días en familia.


A sección “CADA DÍA UN CONTO” continuará logo de que pase a vindeira semana, pero lembrade que podedes seguir explorando ideas nas recomendacións webs anteriores e que podedes volver a divertirvos cos contos que xa tedes publicados no blog: