XOGO DA BOTELLA ESPÍA
Para a primeira proposta tan só necesitamos
unha botella transparente (a poder ser de plástico), cousiñas pequenas que poidamos meter
dentro coma canicas, botóns, moedas... E por último arroz,
lentellas, cuscús… Metemos o arroz na botella, xunto coas miniaturas, imprimimos unha foto
das cousas que metimos dentro e... A xogar! Teredes que encontrar todas as
pezas e ir riscándoas na foto a medida que as atopades. Cos máis maiores pódese facer unha
lista cos nomes escritos nun papel para tachar palabras en lugar das imaxes.
O XOGO DOS BIRLOS
Para xogar a este xogo popular só necesitamos tubos de papel de cociña cortados a diferentes
alturas, con números para a puntuación e unha
pelota pequeniña. Como xogamos? Podemos xogar coa variante máis tradicional derribando os birlos facendo rodar a pelota pola chan ou podemos facer un reto un pouquiño máis complicado. Cada xogador vai tirando a pelota procurando encestala no oco dos tubos de papel e apuntamos o número do oco onde a meteu, logo sumamos todo e o que ten máis, gaña.
O XOGO DOS AROS
Para este xogo tamén necesitamos tubos de papel de cociña,
e pratos de cartón cun furado no medio (podemos decoralos de diferentes cores). Como xogamos? Cada xogador ten uns aros para encestar no tubo e o que meta
máis gaña.
A PESCAR!
E para a última proposta de hoxe necesitamos un cubo con auga, tapóns e un pauiños. Como xogamos? Collendo un pauiño con cada mau temos que intentar xuntalos para pescar os tapóns. Gaña o que pesque máis.
Isto é todo por hoxe! Xogade moito que o tedes ben merecido despois de tanto esforzo! E seguide moi pendentes do blog que aínda que non poidamos celebrar xuntos estes días tan especiais seguiremos por aquí intentando acurtar as distancias de forma virtual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario