Esperamos que ao longo de esta semana disfrutarades da música coas actividades propostas. Pero, aínda vos queda unha máis...ARTE AO AIRE LIBRE!!!, e para levala a cabo non podemos esquecernos da música, que vos axudará a inspirarvos para facer a vosa obra de arte (ao final da entrada deixámosvos unha serie de cancións que sabemos que vos gustan moito).
Como podedes ver a continuación propoñémosvos varias opcións para facer a vosa obra de arte, elexide a que máis vos guste e.....mans á obra!!!!
PINTANDO CON PISTOLA DE AUGA: na imaxe podedes ver como facelo, e se non tedes pistola de auga, podedes usar unha xiringa ou pulverizador de auga.
Actividade sacada de http://www.mundoderukkia.com/2016/08/actividades-verano-pintura.html?m=1
PINTANDO CON POMPAS: na imaxe podedes ver como facer esta actividade, e tamén vos deixamos o enlace da páxina de onde a sacamos, xa que veñen outras variantes.
PINTANDO CON GLOBOS DE AUGA: esta actividade foi sacada da páxina web https://www.hellowonderful.co/post/BALLOON-SPLATTER-PAINTING-WITH-TOOLS--FUN-OUTDOOR-ART-PROJECT-FOR-KIDS/#_a5y_p=5489405
XICES E SOMBRAS: As sombras son algo que chama moito a atención das nenas e nenos. Por iso pensamos nesta actividade que cremos que lles vai encantar, pintar as sombras. Con ela poderedes facer moitos debuxos e distintas variacións combinando varias sombras, tanto de vós mesmos como de obxectos que teñades na casa.
Imaxes extraídas de Pinterest
E xa para rematar, deixámosvos as cancións que vos comentamos arriba. As dúas primeiras son " eu teño alguén" de María Fumaça e "Quérote máis" de Sonoro Maxín; e a última é "Canción de vento" de Pitusa Semifusa na que nos fala dos distintos tipos de instrumentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario