Boas tardes! Éncantanos seguir recibindo as vosas fotos! Aínda que xa nos estamos achegando á recta final deste curso tan raro, ter noticias vosas séguenos facendo tanta ilusión como o primeiro día! Así que recordade que continuamos do outro lado da pantalla!
Hoxe deixámosvos unha grande variedade de actividades a partir de contos e de creacións artísticas. Agardamos que vos gusten tanto coma a nós!
David completou o caderno de fichas de Paco Papán e, ademais, pasou un bo anaco coa súa canción e recordando a rima "Semana de Cores". Que recordos! E Claudia creou unha preciosa bolboreta á que rescatar, igual que o Oso Atrapabolboretas.
Kendra esforzouse moitísimo e completou o caderno de Maruxa e tamén o de Rana de Tres Ojos, igual que Claudia, Leo e Valentina. Bo traballo!
E mirade que gatiño tan colorido creou Nora inspirándose en Romero Britto. Encántanos como che quedou! Es unha artista!
E, para rematar, presentámosvos a un novo Xeoexperto nas Montañas do Courel, Sergio! Completou o caderno de investigación con moita dedicación e aprendeu moitísimo! Que ben!
Moitas grazas a todos e todas! Seguide así!
No hay comentarios:
Publicar un comentario