Xa estamos de volta! Que tal o
pasastedes co experimento do “Arco da Vella de Densidades”? Aprendestes moitas
cousas? Seguro que a vosa investigación foi de Premio Nobel! E seguro tamén que
tedes ganas de seguir experimentando, non si?
Pois imos alá! A proposta de hoxe
transformaravos en científicas e científicos de laboratorio e… que hai en todos
os laboratorios? Pois un microscopio! Si si, a nosa actividade de hoxe é que
elaboredes o voso propio microscopio para que poidades descubrir un montón de
cousas, mirade!
EXPERIMENTO
2 – MICROSCOPIO DE VIRUS… E MOITO MÁIS!
Como sabedes, científicas e
científicos de todo o mundo están investigando moitísimo para atopar a vacina
do coronavirus. Nós non podemos axudalos porque teríamos que estudar moitos
anos e aprender un montón de ciencia antes, pero podemos ir empezando a
practicar co noso propio microscopio caseiro. Premede na imaxe de abaixo e
apuntade os materiais que precisades!
Para poder usar o microscopio tedes
que imprimir (podedes atopar os imprimibles no PDF das fichas técnicas que vos
deixamos máis abaixo) ou debuxar e pintar vós un montón de virus, xermes e
bacterias.
Despois pegades o papel debaixo da
bandexa de vidro ou plástico transparente (é importante que sexa debaixo para
que non se molle), e enchemos a bandexa de auga con colorante alimentario negro
ou un pouquiño de témpera negra.
A continuación metemos o vaso e
movémolo polo fondo para atopar os debuxos.
Como vos dixemos é un microscopio de virus…
e máis! Polo que tamén podedes debuxar animais mariños, planetas, plantas… así
converterédesvos en biólogas e biólogos mariños, astronautas, botánicas e
botánicos… Deixade voar a vosa imaxinación e debuxade todo o que vos apeteza
descubrir co voso microscopio!
Premede na imaxe de abaixo para
descargar o PDF cos imprimibles e as fichas técnicas deste experimento.
Ah! E como lembraredes as nenas e
nenos da clase do Oso Urso tamén podedes probar a poñer unha ecografía en
lugar dun debuxo, xa veredes que sorprendente! Ou escribir un montón de letras
ou unha palabra secreta que tedes que ir vendo co vaso… probade todo o que
queirades. Agardamos que o pasedes xenial!
Este
experimento está recollido en “Experiencias y experimentos. 50 actividades sensoriales
para entretenerse en casa” de @diverbichillos
No hay comentarios:
Publicar un comentario