Xa estamos de volta, que tal o
pasastes co Memo auditivo? Tedes algún instrumento caseiro novo? Agardamos que
si e que o pasedes xenial coa música.
Hoxe queremos propoñervos algunha
actividade musical, un pequeno proxecto… E como nos encantan os contos,
deixámosvos o enlace de Violín, de Antonio Rubio e Óscar Villán. Comezamos!
VIOLÍN:
Este contiño musicado da editorial Kalandraka, pertence á colección “Do berce á lúa”, a
mesma de Crocodilo, Limón e Lúa. Atrevédesvos a cantalo? Podedes imitar o
son dos instrumentos que saen no conto? Probade, probade!
PEQUENO
PROXECTO MUSICAL (Actividades imprimibles): Seguro que coñecedes moitos
instrumentos musicais, pero… Sabiades que cada un pertence a unha familia? Si
si, igual ca nós os instrumentos teñen familias, queredes coñecelas? Premede na
imaxe de abaixo e accederedes a un pequeno xogo interactivo do proxecto
Primartis onde vos presentan distintos instrumentos e as súas familias!
Agora que xa sabedes algo máis sobre
as familias de instrumentos… Podedes descargar as fichiñas do miniproxecto que
elaboramos, son moi faciliñas, sairanvos xenial! Para descargar o PDF premende
na imaxe de abaixo.
A continuación, deixámosvos dúas
actividades musicais extraídas do blog
“Dando a nota” da mestra de educación musical Nerea Seijoso: O tabú
instrumental e o Cazainstrumentos.
Se queredes podedes velos directamente
na seguinte ligazón:
TABÚ
DE INSTRUMENTOS: A través da imaxe que vos deixamos a continuación podedes
descargar as tarxetas coas que poderedes xogar. É moi fácil! Unha vez impresas
(se non tedes impresora podedes debuxalas vós mesmos) mesturádelas ben, coma se
fose unha baralla e colledes unha. Para xogar precisades ser polo menos dúas
persoas porque alguén ten que adiviñar o instrumento que tedes nesa tarxeta.
Coidado, que non a vexa ninguén máis ca ti!
Nós modificamos un pouquiño as regras
do xogo e pensamos que para que o pasedes xenial podedes xogar ao “Tabú Instrumental”
de tres maneiras diferentes:
- Imitando o son do instrumento que vos tocou ata que a persoa que xogue con vós o adiviñe.
- Dicindo cousas sobre ese instrumento, por exemplo: É da familia dos instrumentos de corda, ten 6 cordas, para que soe ben hai que enchufala, úsase para facer música rock (a guitarra eléctrica).
- Facendo como se tocarades ese instrumento, botádelle imaxinación e pasarédelo xenial!
CAZAINSTRUMENTOS: Para
xogar podedes empregar as mesmas tarxetas do tabú. E precisades un matamoscas
(se non tedes vale unha culler de madeira ou calquera outra cousiña parecida
que teñades na casa). Primeiro esparexedes polo chan as tarxetas dos
instrumentos, despois un dos xogadores ou un adulto vai dicindo o nome dos
instrumentos. Cando o atopedes teredes que “cazalo” co matamoscas ou culler. O
primeiro que o atrape colle a tarxeta… Quen acabará con máis instrumentos ao final
do xogo?
Outra versión do xogo é empregando os
sons dos instrumentos pero para iso teredes que buscar vídeos en internet onde
se escoiten ben os instrumentos por separado. Estades preparados? Pois, a
xogar!
Por último queremos deixarvos unha
canción de Uxía Lambona e a Banda Molona, “Esto bailase así”… A mover o
esqueleto! Animádesvos a facer a COREOGRAFÍA??? É moi faciliña, só tedes que seguir as indicacións da canción. Seguro que o facedes xenial!!! Podedes enviarnos o vídeo de como vos quedou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario