lunes, 16 de marzo de 2020

PORQUE TE QUERO MOITO

Esta semana foi moi especial para nós, pois tivemos a gran sorte de recibir na nosa aula unha visita moi importante.
O mércores veu a vernos a mamá de Diego, e trouxo con ela un conto moi bonito "Porque te quero moito", que fala do amor entre unha avoa e unha neta.
Contounos o conto con moito agarimo e os nenos e nenas estiveron super atentos, encantoulles. Ademais, conversamos sobre o conto e ensinámoslle cousas nosas das emocións.
A mamá de Diego ademais de traer o conto, regalounos uns globos nos que lles pintou unhas cariñas con diferentes emocións para que as adiviñáramos e faláramos sobre elo. Por último, ensinounos "o baile das emocións" que non coñecíamos e encantounos.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra deste momento tan bonito:


Ao rematar démoslle un pequeno agasallo para que se lembre de nós:

Tamén, esta semana MAteo trouxo á aula un xogo moi divertido que fixo coa súa mamá, vese que traballaron un montón.
Este xogo consiste en cambiarlle a cariña ao osiño do Xeoparque para ver as súas diferentes emocións:


Este xogo incorporámolo ás rutinas da aula e na asemblea diaria o encargado ou encargada escolle cada día como se sinte o osiño cambiándolle a cara.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración, da gusto ver as caras dos peques. Estamos encantados e agradecidos.

Por último, deixámosvos aquí algunhas imaxes do noso mural das emocións que tamén elaboramos esta semana:







2 comentarios:

  1. Moitas grazas aos nenos e nenas de 4°de infantil e á titora polo agasallo tan fermoso que me deron e pola marabillosa tarde que pasei con todos eles.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ti Laura, de seguro que o lembrarán sempre. Diego o xoves veuseme abrazar como 6 veces preguntandome cun sorriso de orella a orella : profe te acuerdas de mi mamá que estuvo aquí?😊

      Eliminar