domingo, 1 de marzo de 2020

AS EMOCIÓNS

Boas familias!
Como xa sabedes na aula da Raposa Marosa comezamos a traballar as emocións. Coñecemos o conto "O mostruo das cores", en realidade a maioría xa o coñecía pero agora profundizamos un pouquiño máis nel, mesmo veu o propio monstro pasar uns días connosco. Verdadeiramente viña feito un lío pero nós axudámoslle a poñer en orde os seus sentimentos:

Tamén introducimos unha nova rutina no momento da asemblea, que é que o encargado ou encargada do día, diga como se sinte empregando uns pequenos montros de cores e explicando aos seus compañeiros porque:

Ademais coñecemos a botella da calma, unha botella de cor verde con purpurina que empregamos para calmarnos en momentos de excitación ou crises de rabia. Consiste en darlle a volta despois de axitala e mirar como cae lentamente a purpurina. Está inspirada no método Montessori e hai que dicir que poucas veces as tivemos que usar, por sorte.


Tamén fixemos dous xogos das emociós: un dominó e un de adiviñar recoñecendo a cara que imita un compañeiro/a, xogamos aos dous de maneira grupal.






Por último tamén vos queremos amosar que fixemos a "plastilina" caseira da calma: 

1º. botamos cun vaso auga quente
2º. Engadimos fariña de trigo.
3º. Engadimos fariña de millo (maicena)
4º. Engadimos 2 culleradas de aceite.
5º. E por último engadimos colorantes alimenticios.

Velaquí as fotos e o resultado, encantoulles amasar e xogar coa plastilina, na aula da Raposa Marosa os experimentos sempre son un éxito:









No hay comentarios:

Publicar un comentario