domingo, 1 de diciembre de 2019

MES DA CIENCIA NA AULA DA RAPOSA MAROSA

Novembro é o mes da ciencia en galego, e na clase da Raposa Marosa convertímosnos en científicas e científicos. Durante estas últimas semanas fixemos 3 experimentos moi divertidos e cos que aprendimos moitas cousas. Agora vos contamos!

Para facer o primeiro, "Flores Blancas", contamos coa axuda dunha experta en natureza, a profe Vania, que nos explicou como se alimentan as plantas, como hai que coidalas, cales son as partes das flores... e sobre todo nos axudou a facer o experimento.


Puxemos unas margaridas brancas nun botiño con auga e na auga botamos unhas gotas de colorante azul... parece ser que por "arte de ciencia" as flores brancas acabarían de cor azul! 
E case o conseguimos, tiveron que quedar moitos días bebendo desa auguiña azul e aínda así só conseguimos que se puxeran un pouquiño azúis. Pero non importa, sabemos que os científicos teñen que traballar moito e que ás veces teñen que repetir os experimentos para que saian perfectos.

No segundo experimento "Cores en Movemento", empregamos de novo auga e colorante pero nesta ocasión, colorante de cor azul e de cor amarelo. Conectamos 3 vasos cun pouquiño de papel absorvente , no vaso da esquerda botamos colorante azul e no da dereita amarelo...
Cal foi a nosa sorpresa que poucos minutos despois, o vaso do medio comezou a encherse de auga de cor VERDE! 


 Por último, o terceiro experimento "Flota ou afúndese?" axudounos a comprender que hai obxectos que poden flotar cando os botamos na auga e outros non. O máis sorprendete foi comprobar que as mandarinas teñen un flotador natural, cando botamos unha na auga flotaba sen dificultade, pero cando a outra lle quitamos a súa pel, xa non flotaba! Non o podíamos crer, que sorpresa!


A ciencia é moi importante! Para que a vida no noso planeta mellore e para que se poidan facer descubrimentos que nos axuden a resolver problemas é necesario explorar e pasalo xenial a través da ciencia. Queremos darlle as grazas a todas as científicas e científicos do mundo, pode que algunha ou algún de nós sexamos uns importantes científicos e científicas!






1 comentario:

  1. Parabéns a esa clase tan científica!! Esa Raposa Marosa é unha argalleira.
    Apertas de Puca, a nosa mascota, seguro que se levaría ben coa vosa!!

    ResponderEliminar