domingo, 8 de diciembre de 2019

AZUL + AMARELO = VERDE

Xa fai unhas semanas que na aula da Raposa Marosa descubrimos que se xuntamos a cor azul e a amarela conseguimos... VERDE! 
Parece maxia pero e que mesturando ben dúas cores primarias podemos obter un montón de cores novas. Neste caso o verde.
Primeiro traballamos moito coas tres cores e ata fixemos un xogo no que por equipos tiñamos que separar obxectos azuis, verdes e amarelos de entre outros iguais pero de diferentes cores. Mirade!


Logo xuntamos todo e fixemos liñas rectas para facer comparacións... 
Cal é máis longa? Por que? En cal hai menos obxectos? Cantos obxectos hai na máis curta? Foi un importante traballo de investigación no que tivemos que contar, observar, contrastar opinións...


Despois de tanto traballo tocou descansar un pouco xogando coa plastilina, pero... por que cada un de nós tiña unha boliña azul e outra amarela? 
Claro! Se as xuntamos e amasamos ben temos plastilina verde. Vaia sorpresa!


Ademais, esa mesma semana, a profe Sara contounos un conto xenial:
Despois fixemos un experimento xuntando témpera azul e amarela dentro dunha bolsiña... mesturamos e mesturamos pero non manchamos nadiña as mans! E claro, tanto se xuntou que a témpera volveuse verde.


E xa para rematar cos nosos experimentos fixemos cor verde coas nosas propias mans!
...Azul nunha man, amarelo noutra, xuntámolas e, tachán! as dúas mans son agora verdes. Mirade que divertido!


No hay comentarios:

Publicar un comentario