viernes, 20 de diciembre de 2019

COMEZANDO O INVERNO...

Para darlle a benvida ó inverno na aula do Oso Urso renovamos a nosa decoración outonal por outra máis axeitada á época do ano. Nesta entrada contámosvos como o fixemos.
O primeiro que fixemos foi medir a cortiza na que pendurariamos un novo mural, así saberiamos canto papel continuo iamos precisar sen pasarnos nin quedarnos curtos. Para iso, encaixamos moitos policubos e tivemos que traballar en equipo porque a vara era tan longa que se rompía con moita facilidade. 


Despois, escollimos as cores: pintura de cores frías coma o inverno e papel de cor azul escuro, pois no inverno hai poucas horas de luz. A técnica empregada pareceunos moi divertida: tiñamos que facer rodar pelotas cheas de pintura por riba do papel! 




Para rematar, pegamos uns anaquiños de porexpan que parecían copos de neve no medio dunha tormenta e, por suposto, puxémoslle un título á nosa obra de arte. Mirade que resultado máis chulo!






No hay comentarios:

Publicar un comentario