Boas tardes! Nesta fin de semana tan soleada algúns e algunhas aproveitastes para crear mandalas con elementos da natureza. Mirade que bonitos quedaron os de Nora, Leo, Ainoa e Valentina!
E seguides contando contos! Valentina enviounos as fotos dos contos Mariluz Avestruz e Chibos Chibóns. Agardamos que o pasaras ben! A nós gustounos moito verte!
E Diego, Ainoa e Leo tamén escoitaron o conto Chibos Chibóns e fixeron as actividades. Que ben!
Moitas grazas a todos e todas por compartir as vosas fotos! Atá mañá!
Este conto que vos deixamos hoxe, igual que o de Lúa e Crocodilo, decidimos facelo un pouquiño máis difícil empregando a lingua de signos mentras o cantamos. Esperamos que vos guste e se vos animades podedes mandarnos un vídeo ou un unha foto facendo algún signo.
Neste enlace que vos deixamos aquí podedes ver o conto
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Este é outro dos contos da famosa colección de pictogramas poéticos de Kalandraka "Do berce á lúa". A musicalidade do texto e a repetición das palabras permite aos nenos e nenas engancharse dende moi pequenos a este poema visual. Parécenos un conto moi adecuado para nenas e nenos que están empezando a ler de forma autónoma, xa que o seu texto sinxelo e o ritmo permitiralles rematar a lectura por sí mesmos con facilidade.
ACTIVIDADES RELACIONADAS: Desta vez deixámosvos unha serie de ideas moi divertidas para traballar con este conto. Agardamos que vos gusten.
Xogamos co conto: preparamos unhas tarxetas para facer series e un 3 en raia. Nas fotos podedes ver como os fixemos.
Pinchando na foto podedes descargar o PDF. E se non queredes imprimila tamén podedes facer series con limóns e fresas de verdade, ou facendo debuxos..., como vos sexa máis fácil.
Mirade na seguinte imaxe como podedes facer o 3 en raia. Só necesitades 6 tapóns e recortar 3 fresas e 3 limóns en cartón ou goma eva, o material que queirades, a continuación pegalas nos tapóns e facer o taboleiro, e... A xogar!
Receita limonada: Pasaredes un ratiño divertido e refrescante mentras preparedes esta sinxela receita, unha bebida caseira tradicional. Esperamos que vos guste.
Mensaxes con tinta invisible: Gustaríache aprender a fabricar tinta invisible? Con ela poderás xogar a detectives, ou sorprender a alguén cunha mensaxe secreta que só poderá ver con algunhas indicacións.
Fabricar tinta invisible é moi sinxelo, tratáse dun experimento moi divertido e non necesitas moitos materiais. Na imaxe podedes ver como facelo.
Estampamos con froitas e verduras: Facer sellos caseiros é unha manualidade faciliña e que adoita gustar moito aos máis pequenos. Só tedes que coller froitas ou verduras que tedes pola casa, cortalas á metade e poñerlles témpera e a estampar no papel. Podedes facer preciosas obras de arte. Estamos desexando velas!!!
Bos días! Hoxe compartímosvos as fotos de Ainoa, Diego, Leo e Valentina nas que nos mostran as actividades que fixeron a partir do conto Nadarín. Canto vos esforzades e que bonito todo o que creades! Grazas por enviárnolo!
Ademais, deixámosvos un debuxo de Claudia Blanco. Co conto Topito Terremoto, acordouse dos seus compañeiros e compañeiras! Que ilusión!
E para rematar, Ian creou unha obra de arte inspirada en Mondrian. Mirade que bonita! Ademais, xogou e aprendeu co conto Chibos Chibóns. Que ben!
Despedímonos ata mañá! Agardamos que esteades a desfrutar desta fin de semana de sol!
Como xa podemos saír a pasear e está moi bo tempo, propoñémosvos que cando vaiades dar un paseo recollades pedriñas, follas de diferentes formas, paus, flores,..., e calquer outra cousa que vos pareza interesante. Con todo eso, ao chegar a casa, teredes que facer mandalas.
A continuación deixámosvos un exemplo de mandalas feitas con cousiñas da natureza que atopamos no instagramCOSES_DESCOLA, mirade que bonitas!!!!
Seguro que as vosas tamén van a ser espectaculares!! Estamos desexando velas.
BREVE
INFORMACIÓN DO CONTO: Mariluz é unha avestruz moi presumida e para
non estragar a súa fermosa cola chea de plumas durme coa cabeza dentro da area.
Pero un día ao espertar non foi quen de sacar a cabeza do burato, que pasaría?
Este conto tan divertido amósanos a importancia de axudarse uns a outros e
tamén de valorar o verdadeiramente importante da vida.
ACTIVIDADES
RELACIONADAS: Para traballar este contiño deixámosvos un pequeno proxecto, algunhas
manualidades e a canción de Mariluz, que sabemos que vos gusta moito!
AVESTRUZ
EN TROCIÑOS: Na web “Learn Create Love” atopamos esta avestruz que podedes
imprimir, colorear, recortar e montar. Dunha maneira moi sinxeliña podedes ter
a Mariluz nas vosas mans! Premede na imaxe de abaixo para descargar o PDF.
CADRO
DE AVESTRUZ CON GARFO E TÉMPERAS: Mirade que divertido! No blog “Our KidThings” ensínannos a facer un cadro de
avestruz empregando un garfo e témperas de cores. Premede na imaxe para ver o
paso a paso.
ABANO
DE PLUMAS: A cola de Mariluz era tan bonita que parecía un abano de plumas.
Que vos parece se facemos nós un? Empregaremos papel, tesoiras, cartón, cola e
un pao de xeado (ou calquera outro pao que atopemos). A continuación
deixámosvos esta manualidade en dúas partes. Primeiro un paso a paso para facer
plumas de papel, e de segundo como transformalas nun abano.
COMO FACER
PLUMAS DE PAPEL : Esta manualidade atopámola na web “A little pinch of perfect”.
Premede na imaxe para vela en grande. Lembrade que podedes pedir axuda para
recortar, pero intentádeo, seguro que vos sae xenial!
COMO FACER
UN ABANO: Preme a imaxe e veras en grande como facelo. Extraído da web de
manualidades “AO LIFE”
MARIONETA
DE DEDO CUNHA OVEIRA: Tamén atopamos esta marioneta de dedo que se
fai empregando unha oveira. A manualidade podedes vela en “Manualidadesfacilísimo” ou premendo na imaxe de abaixo:
“MARILUZ
AVESTRUZ”, A CANCIÓN: E xa por último, un pouquiño de música! Aquí
tedes a canción de “Mariluz Avestruz” recollida no Libro CD/DVD “Contos en
Cantos” de Almudena Janeiro (publicado
por OQO Editora).
Boas tardes a todos e todas! Hoxe imos amosarvos algunhas fotos dos contos desta semana. Grazas por enviárnolas gustaronnos moito!
Nora, igual que Ricardo, coida das pitas moi ben. Estes días de sol non se mollan nadiña! Pero por se acaso... Ten o paraugas preparado!
E mirade canto argallastes co conto Topito Terremoto, debuxos, xogos de sumas, Topitos e Topitas de cartón, botes da calma... Aquí podedes ver as fotos de Ainoa, Diego, Leo, Nora, Sergio e Valentina. Agardamos que o pasarades moi ben!
Unha aperta grande! Desfrutade da tarde e atá mañá!
Videoconto
extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Trátase dunha adaptación dun conto popular. Nel
relátase o que lles sucedeu a tres chibos, un grande, outro mediano e outro
pequeno, que un día quixeron cruzar a ponte para comer herba, e deron cun ogro.
Os tres chibos trazarán un plan para enganalo, demostrando que máis vale
utilizar a maña e a astucia que o enfrontamento físico.
ACTIVIDADES RELACIONADAS: Para
aprender e xogar con este conto propoñémosvos un caderno de fichas de
elaboración propia. Nel podedes atopar crebacabezas, un labirinto, diferenzas,
series... Recordade, escollede as que máis vos gusten! Premede na imaxe para
descargalo en PDF.
Grande, mediano e pequeno! Podedes
ordenar a modo de serie ou agrupar calquera obxecto que teñades pola casa en
función do seu tamaño. As series podédelas completar, quitar un elemento e
descubrir cal falta, quitar dous elementos... Hai moitas posibilidades! Nesta
foto mostrámosvos unha proposta con calzado pero calquera cousa serve!
Esperamos que o pasedes moi ben!
Patín, patín, patín! Premendo
na seguinte ligazón podedes escoitar unha canción composta e cantada por David
Vega sobre este conto. Seguro que vos encantará!
A letra é moi sinxeliña e algúns xa a coñecedes.
Animádesvos a cantala e a facer o acompañamento do ritmo con percusión
corporal? Aquí vai a nosa proposta!
E para rematar, un recordo moi especial! A canción
cantada e interpretada polos nenos e nenas da clase de Urso, dirixidos pola
profe Rocío! Que orquestra tan fantástica!