viernes, 3 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO: “O MEU LIBRO PREFERIDO”

Deixámosvos a nota da actividade a facer para conmemorar este día.

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA
Autor: Eric Carle 
Editado en galego pola Editorial Kókinos baixo o título: A Eiruguiña Comellona


Videoconto extraído da canle de youtube “Aula de Elena”

Tamén vos deixamos este vídeo no que o propio autor nos le a versión en inglés do conto.
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Trátase dun pequeno contiño co que se poden traballar moitos recursos educativos: as cores, os días da semana, os números ata 5, os diferentes tipos de alimentos e a alimentación saudable, o paso do tempo, a evolución da eiruga ata converterse en bolboreta… Ademais conta cunhas ilustracións cheas de cor e se pode adquirir en diferentes edicións: con buratiños, pop-up, conto de tela…

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Hai tantísimos recursos dispoñibles nas redes para traballar este conto que é case imposible escoller só unha ou dúas actividades, así que… aquí tedes varias propostas con enlaces ás webs para que escollades vós o que máis vos apetece facer logo de escoitar o conto! Premede nas imaxes para ver toda a información, agardamos que o pasedes xenial.
PEQUETABLET: APPS e outras actividades para nenas e nenos sobre a eiruguiña comellona.


EL MUNDO DE RUKKIA: Recursos imprimibles para colorear, atopar diferencias, contar e escribir números… tamén hai fichas animadas, xogos…

CUENTOS PARA CRECER: Con actividades para traballar a motricidade fina e xogos sinxeliños.


THE BIG BAG TEACHER: Diversas propostas para traballar as intelixencias múltiples a través do conto. Ao pinchar na imaxe accederedes ao PDF do proxecto.

jueves, 2 de abril de 2020

SORPRESA, SORPRESA...

Por estas datas sempre levamos algunha sorpresa para a casa e compartimos coa nosa familia as nosas creacións nas que poñemos tanto esforzo e imaxinación. Aquí tedes unha foto dalgúns "libriños do inverno" dos nenos e nenas da clase do OSO URSO, pero desta vez vamos ter que esperar para telos nas nosas mans. Mentres tanto compartimosvos unha das súas páxinas que tiñamos moitas ganas de ensinarvos!

Premede na imaxe para ver a sorpresa! Agardamos que vos guste!


E premento AQUÍ podedes velo e desgargalo en formato PDF! 

Unha aperta!

OS VOSOS TRABALLOS: Enzo, Claudia, Kendra, Valentina, Nora e Yerai.

Seguimos recibindo traballos vosos, Claudia e Enzo convertéronse en investigadores para aprender novas cousas dos animais, tamén pintaron aos personaxes do conto Monstro Rosa e compuxeron os seus nomes con letras de imán, e por último plantaron fabas..agora esperar a ver como medran.


Kendra tamén coloreou aos personaxes de Monstro Rosa, mirade que bonitos lle quedaron. E despois de tanto traballo....tocou facer un refrescante batido de amorodos, que rico!!!


Valentina, Nora e Yerai  fixeron a pasta de sal, e modelaron á cabaciña, que divertido!!!



E xa para rematar Nora tamén nos envíou unha foto da súa árbore xenealóxica. Que bonita!!

De novo, moitas grazas por enviarnos os vosos traballos. Moitos bicos!!!!!

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: O CAZO DE LORENZO


Autora: Isabelle Carrier 

Editado en castelán pola Editorial Juventud.


Tamén vos deixamos o enlace para ver o CONTO NARRADO e o CONTO INTERPRETADO por Beatriz Montero. Pinchando enriba das palabras subliñadas podedes acceder a eles.

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO
Este conto relata as dificultades, as miradas, as opinións erróneas que recibe Lorenzo porque hai algo que o fai diferente aos demais: un cazo que ten que arrastrar. Lorenzo esgótase de facer o dobre de esforzo caos demais nenos cada vez que ten que facer algo e íllase. Atopará a alguén que lle axude a vivir esa diferenza? Alguén que lle ensine a usar ese cazo?

COMENTARIO: O conto fala da diferenza, que crea diversidade e que nos enriquece a todos por igual. Todos e todas en algún momento podémonos atopar con algunha dificultade, cun cazo no camiño. Ás veces pode ser unha perna rota, non poder escoitar ou ter dificultades para comunicarse. O importante é que haxa persoas que nos axuden a palialo, a atopar os nosos puntos fortes, valorar as posibilidades que temos, e sobre todo estar apoiados.

Hoxe, 2 de abril, é o día internacional da concienciación sobre o autismo. Moitas veces, só vemos o cazo vermello que leva Lorenzo, e é información suficiente como para crear ideas erróneas. Achégate sen medo. A diversidade somos cada un de nós e, pensándoo ben, todos e todas arrastramos  "un cazo".

ACTIVIDADES PROPOSTAS: 

- Imprimir e decorar o cazo: empregando cores, pintura de dedos, pegando papeliños…

- Ordenar as viñetas do conto. Tedes que imprimir a folla coas viñetas e a continuación colocalas correctamente. Se non tedes como imprimilo podedes facelo na pantalla do ordenador, sinalando a orde adecuada. 
-Facer fotos cun cazo: ao igual que fixemos as mestras gustaríanos que nos mandedes unha foto vosa cun cazo, con todas elas faremos un collage e colgarémola no blog.


-Ficha de comprensión para saber o atentos e atentas que estivestes: 


-Receita de chocolate: xa para rematar esta entrada deixámosvos esta receita para facer un chocolate á taza, a ver que rico vos sae!!!! A disfrutar!!!


Dende o CEIP de Quiroga e o programa Inclúete no que traballamos a diversidade, consideramos fundamental facer entender o autismo dende a infancia, de maneira que as novas xeracións estean concienciadas e sensibilizadas co tema. Cabe sinalar a importancia de que os máis pequenos saiban como interactuar e relacionarse con todos os nenos, incluídos os que teñen TEA (trastorno do espectro autista). Para iso, deben comprender que estes teñen outra forma de percibir e entender o mundo.  Pero… como explicar as características do autismo? Conseguir que un rapaz ou rapaza o entenda non é unha tarefa fácil. Por sorte, hai unha ampla gama de recursos didácticos e pedagóxicos ideais. Ademais do cazo de Lorenzo, deixámosvos outros dous contos co mesmo título: Mi hermano tiene autismo, de Ana González Navarro y Victoria Labat Gronchi. Cada un deles están recomendado para idades diferentes.

Pinchando na imaxe podedes ver o conto.




miércoles, 1 de abril de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: CORRE CORRE, CABACIÑA

AUTORA: Eva Mejuto

ILUSTRADOR: André Letria

EDITORIAL: OQO


Conto extraído da páxina: http://oqo.es/

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: trata dunha velliña que quere ir ó casamento da súa neta, pero polo camiño atópase cun lobo, un oso, e un león que a queren comer. Ela convence ós animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar ás tres feras.

ACTIVIDADES RELACIONADAS:
- Facer aos protagonistas ( o oso, o lobo o león, a velliña, a neta e como non, a cabaza) en cartón e facer un pequeno teatro. Como por exemplo o da imaxe:



- Facer a cabaza con pasta de sal: ingredientes: 1 parte de sal fina, 1 parte de auga, 3 partes de fariña e colorantes alimenticios, misturamos vermello e amarelo.
COMO FACELA!

- Fichas de grafomotricidade: pinchando na imaxe podedes descargar unhas fichiñas para traballar os trazos, poden facerse seguindo o camiño co dedo, con pinturas ou ben con plastilina.


- Memory: se facedes clic na imaxe podedes descargar as imaxes para facer o memory, se non tedes impresora podedes facelo a man, debuxando aos personaxes, seguro que queda xenial!!


- E por último, podedes escoitar a canción de corre,corre cabaciña, que tanto vos gusta!!!!


Vídeo extraído da canle de youtube "Taxi Roberto Burela".

MISIÓN HIBERNACIÓN

Bos días a todos e todas!

Levamos unha chea de días sen vernos e botámonos moito de menos... Pero xa sabemos que estamos a cumprir unha misión moi importante, a de quedar na casa, e ademais, estámolo facendo xenial!

Por iso queremos transmitirvos unha mensaxe de cariño e ánimo utilizando os debuxos que fixestes do noso OSO URSO! Premede na imaxe para velos todos!


Tamén vos deixamos estoutra versión para colorear por se vos apetece facer novas creacións. Sodes grandes artistas!


Moitas grazas ós nenos e nenas da clase de Urso pola súa creatividade. Estamos desexando vervos de novo! Unha aperta!