martes, 31 de marzo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS: KENDRA, VALENTINA, YERAI E NORA.

Seguimos recibindo traballiños vosos, desta vez temos a Kendra que nos envía debuxos do monstro das cores, e as fichiñas do conto de Animais, ademais tamén fixo o experimento do virus, mirade que bonito todo, moi bo traballo.



Valentina segue traballando co conto de "Un libro" facendo máis círculos, tamén coloreou os personaxes de "Monstro Rosa" e fixo o experimento das lentellas, e fixo un vídeo moi moi chulo da canción do Monstro das cores, mirade que bo traballo.





Yerai enviounos os debuxos de Monstro Rosa, que ben lle quedaron!!! 


E por último Nora, enviunos o gran traballo que fixo do conto de "Animais", encantounos!!, tamén fixo a monstro Rosa, e unha ovelliña con algodóns (sacada das páxinas de actividades que recomendamos). Moi bo traballo, segue así. 




GRAZAS DE NOVO!!! Gústanos moito ver os traballiños que facedes. Seguide así.
PRONTO NOS VEREMOS

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: A VACA QUE PUXO UN OVO

Autores: Andy Cutbill (escritor) e Russell Ayto (ilustrador)


Editado en galego pola Editorial Patas de Peixe


Conto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Este conto tan divertido trata temas tan importantes como a construción da autoestima e da intelixencia emocional e pon en valor os logros que se poden conseguir a través da amizade, a cooperación e a solidariedade. Ademais trata de maneira comprensible para os máis pequenos o tema da adopción e dos diferentes tipos de familias, a través do amor incondicional que amosa a protagonista ao seu bebé pitiño.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: A proposta de hoxe vai a ser moi divertida… que vos parece facer a vosa árbore xenealóxica? Si si, podedes facela de moitas maneiras: buscando fotos dos vosos familiares, debuxando a vosa familia, escribindo o seus nomes… lembrade que cada familia é diferente! Hai familias moi numerosas cunha mamá, un papá, varios irmáns, os avós, tíos, curmáns… outras son más pequeniñas pode ser unha mamá, unha filla e un gatiño (non esquezades ás vosas mascotas!), noutras familias hai dúas mamás, noutras un papá e moitos tíos e tías, noutras incluso pode haber unha tartaruga… Pero todas son diferentes e especiais! Anímate e descubre a túa, que de seguro é a mellor do mundo para ti!

Importante! QUE É UNHA ÁRBORE XENEALÓXICA? Pois é un debuxo (a maioría das veces con forma de árbore) na que se poden ver aos teus familiares moi ben ordenadiños e colocados dunha maneira especial: Na parte de arriba da árbore colócanse os familiares máis maiores (polo xeral os avós) e logo vas colocando debaixo dos avós aos teus tíos, tías e aos teus papás e debaixo deles aos teus curmáns e irmáns… e a ti!

Esta sería unha árbore xenealóxica tradicional, pero igual que pasa coas familias, o teu debuxo pode ser diferente porque como xa dixemos, non todas as nosas familias son iguais. Arriba esa creatividade!


Recomendacións lectoras dende o Piso de Abaixo da Escola: FAMILIAS de Oh Mami Blue e FAMILIARIUM de Mar Cerdá.




lunes, 30 de marzo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: MONSTRO ROSA
Autora: Olga de Dios
Editado en galego por Apila Ediciones.

 Conto extraído da canle de Youtube “Peque Juguetes y Sorpresas”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Este conto tan divertido, que ademais conta con numerosos premios, ensínanos a valorar a diversidade como elemento enriquecedor da nosa sociedade e as diferencias que nos fan únicas e únicos.
ACTIVIDADES RELACIONADAS: Hoxe deixámosvos dúas actividades que vos van a facer pasar moi bos ratos. A primeira é unha proposta da propia autora do conto, que consiste en colorear os personaxes e repasar os seus nomes (se vos atrevedes tamén podedes debuxar vós mesmos ao monstro rosa, a ra de tres ollos, ao paxaro amarelo, o monstro azul, ao becho pelota… ).
Premede na imaxe para descargar todos os coloreables:

A outra actividade que vos propoñemos é moi saborosa! Imos a elaborar un batido rosa. Na imaxe de abaixo tedes os ingredientes. Para a elaboración precisades a axuda dalgún maior da familia porque teredes que picar a froita e mesturala moi ben coa batidora. Pero, é moi sinxelo e poderedes facer unha merenda saudable e moi moi rica.

sábado, 28 de marzo de 2020

XOGO E APRENDO NA CASA II


Xa están aquí as recomendacións deste fin de semana! Webs, e perfís educativos nas redes sociais con actividades e tarefas sinxelas e educativas.

DALE TIEMPO AL APRENDIZAJE: No blog da mestra de educación infantil Patricia, podemos atopar moitos e variados recursos educativos descargables (actividades e xogos de lecto-escritura, un crebacabezas das emocións…) e tamén reseñas sobre contos e unha lapela de recursos premium moi recomendable.



KROKOTAK: Web repletiña de propostas sinxelas e divertidas. Dende manualidades para facer con materiais de reciclaxe a xogos de psicomotricidade. Tamén ten unha sección para aprender trucos para debuxar, actividades divididas en épocas e festas do ano, para practicar o trazado das letras…


FUN WITH MAMA: E de novo un perfíl de Instagram. Nesta ocasión o perfíl de Nadia T unha mamá que comparte un montón de actividades divertidas, manipulativas, científicas… ideais para facer na casa! Buscade no Instagram @funwithmama ou premede na imaxe.



viernes, 27 de marzo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS: ENZO, CLAUDIA, NORA, VALENTINA, YERAI, AINOA E DIEGO.

Seguimos recibindo máis fotiños dos traballos que facedes na casa. Desta vez Enzo e Claudia fixeron un teatriño para representar os contos que vos imos recomendando, encántanos!!! Tamén traballan moitísimo, repasando os números, coloreando os personaxes do conto para facer títeres con eles, facendo monstros moi divertidos. Mirade nas fotos o ben que quedaron.



E no caso de Nora e a súa familia, desta vez animáronse facendo un rico biscoito de mazá, para celebrar a chegada da primavera como no conto "Desayuno de primavera", que boa pinta!!! e que boa cociñeira!!! Nora, cando voltemos ao cole queremos probar un anaquiño.. Tamén traballaron con conto de "un libro".



Valentina tamén se animou a facer os experimentos propostos no conto "Un libro", mirade que ben o pasou!!! Moi bo traballo!!!


Yerai tamén se animou a facer o experimento proposto no conto de "Un libro", seguro que o pasache xenial. Quedou moi bonito. Moi bo traballo!!!


E por último, Ainoa e Diego tamén nos mandaron os seus traballos. Fixeron cousiñas de todos os contos que vos fomos poñendo, "Polo camiño", "Perdido", "Monstro das cores", "Coronavirus", "A vella Lulula" e "desayuno de primavera", aínda que a tarta foi para celebrar o cumple de Diego. Moitísimas felicidades!!!! Prepara as orelliñas para cando te vexamos...Moi bo traballo aos dous, fixéstelo xenial.





Moitísimas grazas por enviarnos as fotos, fainos moita ilusión ver aos nosos pequerrechos e pequerrechas. Botámolos moitísimo de menos.
GRAZAS

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: ANIMAIS


Autores: Antonio Rubio (escritor) e Óscar Villán (ilustrador)
 Editado en galego pola Editorial Kalandraka.

Pinchando na imaxe podedes ver o conto.

 Conto extraído da web Kalandraka TV
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Os animais deste conto aparecen pouco a pouco ata reunirse nun final no que se pon en pulo o valor da amizade. No enlace podedes ver a Bea Campos contando e cantando este contiño no que ademais poden intervir as nenas e nenos
ACTIVIDADES RELACIONADAS: Hoxe deixámosvos unha actividade elaborada por nós: Un caderno de investigación sobre os animais do conto! Este caderno é só unha idea, se tedes impresora na casa podedes imprimir o PDF e traballar sobre el, pero se non tedes podedes usalo de guía para elaborar o voso propio caderno de investigación (incluso podedes buscar máis información e curiosidades sobre estes animais… ou sobre outros polos que teñades interese). Agardamos que o pasedes xenial! Ah! E coma sempre, se o precisades podedes pedirlle axuda aos maiores.
Pinchando na imaxe podedes ver o documento.

 NOTA: O caderno de investigación pode facerse de moitas maneiras… debaixo do nome de cada animal hai unha liña, nela podes escribilo ti (ou intentalo). As preguntas poden responderse escribindo ou debuxando. Por exemplo:
Na ficha da pantera preguntamos de que cor son a maioría delas, para contestar podedes escribilo ou ben pintar un circuliño da cor correspondente.

Na ficha da cegoña podedes responder escribindo, repasando o que escribe un maior ou debuxando a resposta.  

jueves, 26 de marzo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: UN LIBRO



Editorial: Kókinos

E se tedes o conto na casa podedes probar a contalo desta maneira, traballando os ritmos. Pinchando na imaxe  podedes ver paso a paso como facelo.





BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: ao abrir o conto só se ve un círculo amarelo e invita ao lector a pulsar ese círculo co dedo e descubrir o que pasa. Folla a folla aparecen novos desafíos e novas sorpresas. É unha forma diferente de facer lectura, a través do xogo.
ACTIVIDADES RELACIONADAS:
Pintar con espuma e colorante: necesitamos un prato cheo de espuma ( a cal alisaremos un pouco coa man) e unhas gotas de colorante alimentario enriba. Cun pau imos estendendo o colorante e pintando. Ao final podemos estampar o resultado nunha cartolina e deixar secar.

Tarros da calma de 2 cores: nunha botella de plástico engadimos auga e colorante. Opcionalmente podemos poñerlle glicerina á auga para que sexa máis espesa e se mova máis despaciño. Despois engadimos algo de aceite ata encher case completamente a botella. Pegamos o tapón con pegamento forte para evitar que se abra. E listo!!! agora toca xirala e ver como os líquidos non se misturan e como o aceite cambia de cor ao pasar pola auga coloreada.
Na foto podedes ver como o amarelo do aceite cambia a verde ao pasar polo azul da auga. É unha maneira divertida e relaxante de experimentar a mistura de cores.

Xogo con tapóns: se temos pola casa tapóns ou calquera outra obxecto das cores azul, vermalla e amarela, traballaremos un pouco de lóxico-matemática con este conto. Podemos facer series, representando as follas do conto, agrupar por cores, ...
Actividades extraídas das webs: