Lembrades ao crocodilo verde da semana pasada? Pois non vos perdades ao baúl no que acabou subido! Un baúl que comezou a semana sen cor e acabou pintado igualiño co do conto.
Mirade todo o que traballamos na aula da Raposa Marosa: un mural xigante, moitas nubes, charcos... toda a aula encheuse de cor azul!
Para facer o mural empregamos os rodillos brandiños e as esponxas...
E mirade que maneira de pintar charcos soprando a cor cunha palliña! E que divertidos estamos no collage!
Tamén empregamos un papel moi suave, o papel de seda en dous tons distintos (xa sabemos que o azul clariño podemos facelo engadindo branco á cor escura, igualiño que fixemos no mural)E por último, pintar o baúl para que fose como o do conto... empregamos os pinceis e quedou así de ben!
Xa coñecemos dúas cores, o verde e o azul... e esta semana xa comezamos coa cor amarela... o conto continúa! :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario