viernes, 2 de diciembre de 2022
Na pel dos demais...
viernes, 25 de noviembre de 2022
Á violencia non a deixes pasar!
Baixo o lema "Á violencia non a deixes pasar", os nenos e nenas de infantil unímonos ao 25 N con diversas actividades.
Primeiro estivemos falando sobre a violencia mediante unha choiva de ideas, sobre a mesma.
Logo, lemos varios contos a prol da igualdade de xénero e ata pintamos as unllas de cores !!!
Logo, xunto co resto dos nenos e nenas do cole, construímos a porta violeta na que non deixamos entrar á violencia. Decoramos a porta con diferentes lemas que decoramos entre tod@s.
Xunt@s dicimos, non máis violencia!!!!
lunes, 14 de noviembre de 2022
Ao rico magosto!!
Un ano máis festexamos o magosto no cole.
Como hai tradicións que non se poden perder, tivemos sesión de xogos tradicionais todos xuntos! Bolos, comecastañas, circuito de equilibrio, etc. Un gran día cheíño de aventuras!!!
E para rematar...seguindo coas tradicións...A comeeeer!!!! Castañas asadiñas, ben ricas, acompañadas de refrescos e moita música con moito baile!!!
domingo, 30 de octubre de 2022
Samaín cheo de sorpresas!
Este ano o Samaín chegou cargadiño de sorpresas e xogos para os nenos e nenas de infantil.
Despois de decorar unhas divertidas vasoiras que colgamos polo cole, durante o xoves e o venres puidemos disfrutar dunha chea de actividades.
En relación ás vasoiras, o conto "Queda sitio na vasoira?" foi o eixo principal das actividades a realizar.
Vimos o conto tanto en formato físico como dixital, pintamos un mural, fixemos cada un unha vasoira e experimentamos a través de diferentes xogos cos que melloramos a nosa atención como por exemplo co bingo, a concentración co memory, a motricidade fina coas mesas sensoriais, etc.
Foron uns días do máis divertidos!!!!
miércoles, 19 de octubre de 2022
Experimentamos con granadas!!
miércoles, 15 de diciembre de 2021
A clase de 4º de Infantil!
Máis vale tarde que nunca… así que a clase de 4º de Educación Infantil comeza a andaina polo blog para que poidades ver un pouquiño máis do que facemos. Xa sabemos que algún dos cativos e cativas da aula falan polo cóbados, a profe Mer teno claro, pero outros/as non contan moito do cole así que esperamos que vos guste ver un pouquiño máis do noso mundo.
Os primeiros días foron bastante tranquilos e a maioría dos nenos e nenas
pasárono moi ben o pouquiño tempo que estiveron. Pouco a pouco fóronse
adaptando inda que a veces fomos un pouquiño cara atrás… Foron días especiais
nos que superamos moitos medos e inseguridades e á vez descubrimos que no cole
o iamos a pasar moi ben.
As actividades que fixemos foron moi sinxelas: xogar, descubrir a clase e
aos nosos compañeiros, ler moitos contos, facer algun garabatiño e sobre todo
pasalo ben e ir adquirindo confianza e autonomía no noso novo entorno.
A profe Mirta acompañounos no período de adaptación e fíxonos pasar momento
moi divertidos! Grazas!
lunes, 21 de junio de 2021
UN MUSEO AO AIRE LIBRE
Para rematar o curso, fomos de excursión pola nosa vila, fotografando todos os murais e instalacións do noso "Museo ao aire libre". Despois, recuperamos forzas cun bo aperitivo e xogamos no Parque da Constitución. Queredes ver o ben que o pasamos? Pois premede na foto de cada grupo!


































