viernes, 2 de diciembre de 2022

Na pel dos demais...

E se de súpeto deixásemos de ver? Ou de ulir? Ou nos faltase un brazo ou unha perna? Cmo seríamos capaces de facer as cousas que facemos no día a día?? Hoxe puidemos comprobalo. Para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, puxémonos na pel dos demais, para realizar unha serie de xogos pero cun chisco de comoplexidade!! Comprobamos que saltar ou correr cun brazo só resulta máis complicado ou adiviñar o que tocamos ou ulimos sen ver, tamén resulta máis difícil. Unha gran experiencia o día de hoxe!!! Aquí vos deixamos un anaquiño das actividades que realizamos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario