lunes, 4 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! Apareceu O cascabel da gata! Por aquí vos deixamos as fotos de todo o que fixestes sobre este conto. Como sempre, esforzástesvos moito e creastes moitas artistadas! Moitas grazas Diego, Ainoa, Ian, Leo, Nora e Vega! Seguide así!






E para despedirnos por hoxe, deixámosvos unhas fotos de Izan, Ian e David cos seus debuxos dos lugares nos que se sinten libres e felices. Anímadesvos a enviarnos máis? Seguro que agora que podedes pasear por fóra se vos ocorren sitios moi especais...

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: EL PEZ ARCOIRIS


Editado en galego pola Editorial Kalandraka baixo o título: O peixe arco da vella


Videoconto extraído da canle de youtube “Infantil Gabirol”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: O peixe arco da vella é o máis fermoso de todo o océano, ten o seu corpo cheo de escamas brillantes! Pero… a pesar da súa beleza, síntese moi só. Gracias a un pequeno peixiño azul e ao polbo que vive na cova descubre que para ser máis feliz e ter amigos debe compartir as súas escamas brillantes. Deixará de ser o peixe máis fermoso e brillante pero aprenderá que a beleza non vai por fóra, senón que está no interior.


ACTIVIDADES RELACIONADAS: Aquí vos deixamos as propostas para traballar o conto. Coma sempre, un pequeno proxecto elaborado por nós e tamén varias manualidades divertidas para facer Peixes Arco da Vella. Pasádeo xenial!


I HEART ARTS N CRAFTS: PEIXE ARCO DA VELLA CON PRATO DE PAPEL: Se premedes enriba da imaxe poderedes acceder á web ode podedes ver paso a paso como se fai.


LEARNING KIDS: PEIXE ARCO DA VELLA MODELADO: Podedes modelar un peixe arco da vella con plastilina ou pasta de sal (agora xa sabedes facela), se tedes ferramentas de plasti tamén podedes empregalas para facer o peixiño, senón podedes facelo vós mesmos. Logo poñédeslle peciñas brillantes ou pedaciños de papel de prata  (do que usades para envolver os bocadillos), quedará chulísimo! Preme na imaxe.


CRAFTY MORNIG: TRABALLAMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA CO PEIXE ARCO DA VELLA: Por último una manualidade un pouco difícil, pero que con un pouco de axuda seguro que poderedes facela. Ide amodiño e quedará xenial! Preme na imaxe.

sábado, 2 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes a todos e todas! "Como molan as vosas escobas!". Deixámosvos por aquí as vosas fotos para que vexades o ben que o pasastes con este conto tan divertido. A nós encantounos velas! Moitas grazas Ainoa, Diego, David, Leo, Nora e Valentina por compartilas! Seguide esforzándovos así! 


 







viernes, 1 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! Hoxe a entrada das vosas fotos vai de contos de animais. Mirade, mirade...

Kendra compuxo o crebacabezas de A cebra Camila e completou o caderno de O coelliño branco. Ademais, creou un boneco do coelliño empregando un vaso. Que bonito!



E co conto Os tres porquiños tamén creastes bonecos moi divertidos empregando tubos de cartón. Aquí podedes ver os de Ainoa, Diego, Enzo, Claudia, David e Nora. Agardamos que vos gustara tanto facelos como a nós velos e que os vosos porquiños protagonicen moitas obras de teatro!




Para rematar, amosámosvos os traballos e debuxos de Kendra e Martina deste mesmo conto. Encántounos velos! Non lles falta detalle!



Moitas grazas a todos e todas! Esforzádesvos tanto como o porquiño que fixo a casa de ladrillo!

FIN DE SEMANA CON MOITA ARTE!!!

Para este fin de semana escollemos a MONDRIAN, o cal foi un dos pintores máis coñecidos do século XX e un co cal as nenas e nenos poden traballar máis fácilmente, xa que os seus cadros son moi fáciles de comprender e reproducir.

Nos seus debuxos máis característicos Piet Mondrian só usaba liñas, formas xeométricas e cores puros como o azul, vermello, negro ou o amarelo.

Mirade esta obra súa:



Animádesvos a convertervos en Mondrian?? Deixámosvos varios exemplos de como podedes facer o voso cadro. Elexide o que máis vos guste e mans a obra.



jueves, 30 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Canto xogo deu Cocorico! Ler, contar, cantar, recortar, completar, debuxar, cociñar, escribir, crear... Imos amosarvos as fotos de Ainoa, Diego, David, Kendra, Leo, Martina, Nora, Sergio e Valentina. Encántanos o proveito que lle sacastes a este conto! Seguro que, igual que Cocorico, xa sabedes ben o que é unha metade e sobre todo seguro que sabedes compartilas! Moitas grazas a todos e todas!










miércoles, 29 de abril de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: ¡CÓMO MOLA TU ESCOBA!

Autora: Julia Donaldson  Ilustrador: Axel Scheffler  Editado na Editorial Bruño 


Videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Un conto acumulativo cheo de maxia e de humor, no que se pon en valor a xenerosidade e a importancia de ser agradecidos. O relato está escrito en verso e nel cóntase a historia dunha bruxa que viaxa coa súa gata e que vai perdendo diversos obxectos por mor do vento. Os animais que lle axudan a recuperar as súas cousas suben á súa escoba converténdose nun grupo cada vez máis numeroso.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Queremos propoñervos diversas actividades. As que van no pequeno proxecto que xuntamos a continuación están inspiradas e traducidas ao galego das orixinais propostas da autora. Ademais, queremos ofrecervos outras propostas como a elaboración de variñas máxicas ou o visionado dunha pequena curtametraxe da bruxa e a súa gata. Agardamos que vos gusten!

Preme na imaxe para poder descargar o PDF coas actividades impresas.


E aquí tedes dous imprimibles para facer a máscara da gata e a variña máxica. Preme na imaxe.


Pero se queredes que quede moito máis chuli, aquí vos deixamos imaxes de variñas máxicas e gorros de bruxa para que vos convertades na protagonista do conto!


Lembrade que só son ideas, podedes empregar calquera material que teñades a man na casa. E como alternativa ao gorro de bruxa que todos sabemos facer, deixámosvos este minigorro extraído de manualidadesinfantiles.org. Podedes premer na imaxe para acceder ao sitio web.


Por último, unha curtametraxe moi divertida e o enlace á web do conto.

CURTAMETRAXE: WITCH & THE CAT ON AN ADVENTURE


Extraída da canle de Youtube “GRUFFALO WORLD”

“ROOM ON THE BROOM” PÁXINA WEB DO CONTO: Nela poderedes atopar diversas APP con xogos, o trailer da película (polo de agora só dispoñible en inglés), o enlace ás contas de instagram, facebook, pinterest e youtube do conto e outras informacións diversas.