domingo, 19 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Bos días! Hoxe mostrámosvos os monigotes de Ainoa e Diego, as sopas de Martina e David, as eiruguiñas de David e Mateo, o crebacabezas de Elmer que fixo Nora e a colección de letras e palabras de Leo, tan abundante coma a de Aurelio! Agardamos que vos gusten!







Grazas a todos e todas! Xa queda menos!

sábado, 18 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Seguimos compartindo contos dunhas casas a outras! Aquí vos deixamos algunhas das vosas creacións.

Mateo e David amósannos o seu cazo. Ademais, Mateo envíanos un arco da vella para darnos ánimo a todos e todas, mentres que David fai unha busca de números pola súa casa.



Nora e Vega aprenden cal é o segredo para cociñar "a mellor sopa do mundo", aproveitando para contar, ordenar e escribir.



Valentina, Diego e Ainoa descubren que está ben ser diferente grazas ó elefante de cores Elmer, ó tempo que melloran a súa concentración.



Ademais, Diego e Ainoa xogaron a roubar vogais con Aurelio. Igual que Claudia e Iker que, coma este morcego tan peculiar, están feitos uns coleccionistas de letras!



Moitas grazas a todos por compartir con nós un anaquiño das vosas casas!

FIN DE SEMANA CON MOITA ARTE!!!

Esta fin de semana queremos propoñervos algo de manualidades relacionadas coa primavera. Na imaxe podedes ver algúns exemplos de flores feitas con distintas técnicas.
Botádelle imaxinación e a sorprendédenos, que seguro que o conseguides.
Imaxes extraídas de Pinterest

E se tedes moitas caixas de ovos que non sabedes que facer con elas, pinchade nesta imaxe e mirade....


E xa para rematar, deixámosvos unhas rimas con movemento, perfectas para facer en primavera, de Tamara Chubarovsky.

viernes, 17 de abril de 2020

OS VOSOS MONIGOTES

Encántannos os vosos monigotes! Que orixinais todos! Sodes grandes artistas!

Aquí vos deixamos os de Leo, Nora, David, Valentina, Martina, Enzo e Claudia, para que poidades vervos a vós e ós vosos amigos e amigas!








E tamén compartimos dous vídeos musicais de parte de Martina e Valentina! Agardamos que vos gusten!



Moitas grazas a todos e todas! Anímanos moito vervos e saber que seguides cantando, xogando e creando! Botámosvos de menos!


URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: AURELIO

Autores: Antonio Rubio (escritor) e Federico Fernández (ilustrador)


Vídeo extraído da canle de Youtube OmundoaorevesSonia Hermida

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: O Morcego Aurelio roubou as cinco vogais para facer o seu nome! Onde poderemos atopalas? Ó longo deste conto rimado irémolo descubrindo... No vídeo podedes ver a Sonia Hermida contando e cantando o conto. Animádesvos a acompañala?

ACTIVIDADES RELACIONADAS:

Atrapa 5 vogais: O nome de Aurelio é moi completo porque contén as 5 VOGAIS! Animádesvos a atrapar (rodear) cada vogal dunha cor diferente e a colorear a Aurelio? Podedes imprimir a ficha que vos deixamos ou crear a vosa propia ficha na casa.


Pero se buscamos as cinco vogais noutros nomes a cousa complicase... Para poder atrapar todas as vogais nós precisamos o nome de catro profes. Cantos nomes vos farán falta a vós para completar toda a colección? Animádevos a probar con outros diferentes!

Recordade que as actividades poden adaptarse a cada neno ou nena. Poden escribir eles os nomes, podedes escribilos vós, repasar puntiños, empregar letras maiúsculas ou minúsculas... Premendo nas seguintes imaxes podedes descargar dúas versións da ficha.




Como soa?: No conto aparecen diferentes palabras formadas imitando sons reais. Que vos parece se escribimos a vogal de cada unha delas mirando os debuxos? Premendo na imaxe podedes descargar un pequeno caderno para completar pero é só unha idea, podedes adaptalo ó voso gusto.


E lembrade que se pode adaptar a cada neno ou nena. No exemplo da imaxe poden escribir o “U” ou o “MUUUU” completo. Poden escribir eles, repasar puntiños ou mesmo recortar de revistas... O que se vos ocorra e se adapte mellor!

Os tarros do morcego Aurelio: Esta actividade consiste en ir gardando en cada tarro palabras que conteñan esa vogal.


Creo ó morcego Aurelio: Seguro que tedes pola casa algún tubo de papel hixiénico ou de cociña... Antes de tiralo dádelle unha nova vida! Transformádeo no morcego Aurelio!



jueves, 16 de abril de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: ELMER

Autor: David McKee                  Editado en galego pola Editorial Kalandraka

Videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: A historia de Elmer, o elefante de cores, é un clásico da literatura infantil, un conto que promove a solidariedade, o respecto, a aceptación e a amizade. As ilustracións, realizadas polo seu autor David McKee están inspiradas pola obra do pintor Paul Klee. E como curiosidade… o 23 de maio celébrase o Día Mundial de Elmer!

ACTIVIDADES RELACIONADAS: En internet podedes atopar moitísimas actividades para traballar o conto (manualidades, actividades imprimibles, coloreables, actividades interactivas…). Inspiradas en todas estas actividades realizamos un pequeno proxecto sobre Elmer do que podedes sacar moitas ideas e adapatalas ás vosas fillas e fillos, agardamos que vos gusten!.

E tamén vos deixamos dous enlaces con ideas que nos parecen interesantes para pasar moi bos momentos en familia… e con Elmer!
CLUB PEQUES LECTORES: TEATRO DE SOMBRAS DE ELMER con imprimibles para poder facelo de maneira moi sinxela na casa. Ademais neste mesmo enlace podedes atopar imprimibles para facer teatro de sombras de outros contos como o de “La pequeña oruga glotona”.

EL MUNDO DE RUKKIA: Unha vez máis acudimos ao mundo de Rukkia, neste caso propón actividades como: unir as parellas de iguais, buscar diferencias, xogos de memoria, de sobras, crebacabezas…


miércoles, 15 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Canto nos gusta que o pasedes ben e aprendades cos contos! Por aquí vos deixamos máis fotos que nos chegan dende as casas de Nora, Enzo e Claudia, Lía e Valentina. Moitas grazas!









Tamén compartimos dous vídeos que nos envía Valentina facendo outro experimento que case parece maxia! Animádesvos a probar vós?





E, para rematar, outra mensaxe de ánimo de parte de Nora! Moitas grazas!