sábado, 19 de octubre de 2019

O OUTONO CHEGOU...

Na aula do Oso Urso demos a benvida ó outono compartindo as nosas experiencias sobre a vendima. Este centro de interese está dando moito xogo para novas aprendizaxes.

Estampando uvas con tapóns de cortiza fixemos un mural para decorar a nosa aula e mesmo cambiamos a letra da canción "Otoño" que tanto nos gusta! Aquí vos deixamos algunhas fotos. Agardamos que vos gusten!



miércoles, 16 de octubre de 2019

CONTACONTOS: "Rosita e Lola".

Hoxe tivemos na biblioteca unha sesión de contacontos a cargo da empresa Luna. Contaron o conto "Rosita e Lola", actividade incluída no Plan de Igualdade do centro e organizada pola ANPA.






E SOBE NUN BAÚL AZUL AZUL AZUL

Lembrades ao crocodilo verde da semana pasada? Pois non vos perdades ao baúl no que acabou subido! Un baúl que comezou a semana sen cor e acabou pintado igualiño co do conto. Mirade todo o que traballamos na aula da Raposa Marosa: un mural xigante, moitas nubes, charcos... toda a aula encheuse de cor azul!

Para facer o mural empregamos os rodillos brandiños e as esponxas...


 E mirade que maneira de pintar charcos soprando a cor cunha palliña! E que divertidos estamos no collage!


Tamén empregamos un papel moi suave, o papel de seda en dous tons distintos (xa sabemos que o azul clariño podemos facelo engadindo branco á cor escura, igualiño que fixemos no mural)
E por último, pintar o baúl para que fose como o do conto... empregamos os pinceis e quedou así de ben! 


Xa coñecemos dúas cores, o verde e o azul... e esta semana xa comezamos coa cor amarela... o conto continúa! :)

sábado, 12 de octubre de 2019

TEMPO DE VENDIMA

É tempo de vendima e as alumnas e alumnos de educación infantil vendimaron no patio do cole!! Logo probaron o mosto na clase!! Que ben o pasaron e canto aprenderon!!













domingo, 6 de octubre de 2019

VERDE, VERDE, VERDE, O CROCODILO QUE SE PERDE

Esta semana, na aula da Raposa Marosa comezamos a traballar con "Crocodilo" un contiño moi pequerrecho de Antonio Rubio e Óscar Villán e editado por Kalandraka.

O conto é pequeniño pero con el aprenderemos, de maneira divertida, as cores primarias e secundarias... 

Nesta ocasión comezamos co verde, e despois de ler o conto fixemos un montón de actividades, mirade!

Primeiro buscamos cousiñas verdes pola nosa aula... tiñamos que atopar 1 obxecto verde cada un (só 1 porque a Raposa Marosa puxo o cartel do número 1 ao ladiño da cor verde). E mirade todo o que atopamos: coches, pratos, osiños e ata unha cabaciña! Pero a nosa sorpresa foi cando Daniela atopou ao mesmiño Crocodilo verde do noso conto! Xa non estaba perdido!



Tamén pintamos un mural moi grande entre todos. E empregamos coches de xoguete para facelo, mirade que ben o pasamos!


E despois, un pouquiño de traballo individual... con témpera verde e uns bastoncillos dos de limpar os oídos pintamos a Crocodilo.



Por último, durante toda a semana fixemos moitas outras actividades nas que empregamos a cor verde: Pintamos con ceras verdes ao monstro de cores en calma (Logo de ler e representar cos monicreques o conto "O Monstro de Cores" de Anna LLenas), estampamos burbullas con rollos de papel logo de investigar o que son os círculos e os cilindros...



Moito traballamos :)  e agora que cor tocará? Teredes que agardar ata a vindeira semana para averigualo.
Apertas dende a aula da Raposa Marosa!

domingo, 29 de septiembre de 2019

SEMANA POLO CLIMA

Aínda que é un tema que se traballa tódolos días, ao longo desta semana sumámonos as accións propostas. Aquí deixamos unhas fotos da aportación dos máis pequenos e as nenas e nenos de quinto na elaboración dos cartaces para o venres.






COMEZAMOS NO COLE!

As nenas e nenos de 4º de infantil remataron este martes o período de adaptación. Foron días de xogos, risas e algunha que outra bágoa, pero o que foi seguro é que o pasaron moi moi ben!
Mirade que fotos tan chulis! De seguro que será un curso no que aprenderemos moitísimas cousas e sobre todo no que pasaremos xuntos momentos moi especiais.
Estade moi atentos ao blog e non vos perdades as actividades que faremos as nenas e nenos de educación infantil do CEIP de Quiroga!