sábado, 22 de febrero de 2020

TEMPO DE INVERNO

Aínda que o mes de febreiro chegou cargado de temperaturas primaverais, queremos compartir con vós algunhas artistadas que fixemos na clase do Oso Urso para decorar a aula.

A primeira, foron uns copos de neve que colocamos polas ventás durante o mes de decembro. Crealos gustounos moito xa que tiñamos que ir facendo pequenos cortes en papeis dobrados en triángulo. Despois desdobrámolos e... Sorpresa! Copos de neve todos diferentes! Como os de verdade que nunca hai un repetido.


A segunda, foron unhas paisaxes invernais nas que compuxemos dúas árbores con recortes de papel e nas que representamos unha nevada empregando os nosos dedos e témpera branca. Mirade que fríos e escuros!




Por último, como a chuvia si que foi abundante para non variar... Decoramos uns paraugas con diferentes estampados. Despois, recortámolos e pegámolos sobre cartulina negra, na que debuxamos as pingas da chuvia. Esta idea atopámola no Blog Creciendo Felices



No hay comentarios:

Publicar un comentario