lunes, 24 de abril de 2023

Semana do libro: 17 ó 21 de abril








 Esta semana celebramos a conmemoración da Semana do Libro, por iso, as familias do alumnado de Educación Infantil foron convidadas a contarnos un conto cada día da semana. 

Algúns dos títulos foron: “El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa” , “Un pouco perdido”, “Qué te contaría si pudiera hablar”, “Pirracas e as patacas” , “A ovella que chocou un ovo”…

Grazas ás familias por participar e dedicarlle ós cativos e cativas momentos tan especiais como estes.

E para mostra… 













jueves, 13 de abril de 2023

Día Mundial da Saúde

 Con motivo da celebración do Día Mundial da Saúde, hoxe visitounos no cole María, a mamá de Claudia. É enfermera no hospital de Monforte e veu para contarnos como podemos coidar da nosa saúde. 

Primeiro deunos uns consellos sobre alimentación saudable, hixiene personal, descanso, deporte, exposición ante as pantallas...

Logo ensinounos unhas nocións básicas sobre primeiros auxilios, e aprendemos cunha canción o número de emerxencias  ao que temos que chamar en caso de ser necesario, é dicir o 112. 

Para rematar amosounos un botiquín cos elementos imprescindibles a empregar ante unha emerxencia, para finalmente facer un xogo de búsqueda deses utensilios do botiquín. 

Moitas grazas María por todo o que nos ensinaches!!









viernes, 31 de marzo de 2023

Semana da prensa

 Durante a semana da prensa traballamos nas aulas de infantil con xornais nos que tivemos que buscar as letras dos nosos nomes, buscar vogais maiusculas e minúsculas… e rematamos cunha provocación artística con xornais no ximnasio do centro. 

Foi divertidísimo deixar voar a nosa creatividade e crear esculturas, montañas, edificios… e como mostra un collage coas nosas creacións : 



Rematamos o proxecto da auga

 Poñemos fin ó proxecto da auga pero non é un punto final xa que nos sirve de introdución para o proxecto que levamos a cabo todo o centro: Quiroga, terra de ríos 💚

Rematamos coa elaboración dun filtro de auga que transforma auga sucia en auga limpa, e falamos da auga non potable e da potable, descubrindo a importancia da mesma. 

Para a creación do filtro usamos: unha botella cortada pola metade na que botamos algodón, area e pedras. 

 Para simular a auga sucia utilizamos auga tinguida de tiza e restos de maleza.

Unha vez feito o filtro botamos a auga sucia e… tachan! Saiu limpa! O noso filtro funcionou! 

 




,



viernes, 10 de marzo de 2023

O coidado da auga


Seguimos traballando no noso proxecto e durante esta semana falamos moito da importancia de facer un uso responsable da mesma. Para iso puxémonos a pensar en accións sinxelas e cotidiás que podemos realizar nas nosas casas e que teñen unha grande implicación no coidado da auga. Accións coma pechar a billa cando cepillamos os dentes, non tirar lixo no wc, reutilizar a auga para regar as plantas… 

E para darlle un toque de emoción fixemos un xogo de cooperación por equipos no que tiñamos que facer trasvases de auga intentando non malgastar a auga. 

Isto requeriunos dunha dose de colorante, outra de concentración, coordinación, traballo en equipo e sobre todo… moitas risas!!! 



viernes, 3 de marzo de 2023

Onde hai auga?




 Esta semana descubrimos lugares do noso planeta Terra 🌏 onde hai auga, coma nos ríos, mares, lagos, nubes…  Entre tantos que vimos o que máis nos chamou a atención foi ver a foto dun glaciar.

 -Que pasada! Parece unha montaña de xeo!

- debe estar moi frío!

- É branco e azul!

Dicían emocionados 

Así que como non podemos ir ata o glaciar, que veña o glaciar xunto  nosa! 

Nunha bandexa con xeo botamos sal e puidemos ver como este empezaba a derretir, botámoslle un pouco de cor azul e… cada vez parecíase un pouco máis a un glaciar! Pero… faltáballe algo! Ah si!! Poñer un xeo sobre outro coma se fose unha montaña ben alta e… tachaaaaan! O noso glaciar apareceu 🤍



jueves, 16 de febrero de 2023

Semana da densidade!!

 Continuamos investigando cousiñas sobre a auga, e esta semana tocou a densidade!!

Para entendela fixemos un experimento con auga, aceite corporal e colorante.

Cal pesa máis?

Que pasa se botamos gotas de auga no aceite?

E se removemos?

Puidemos comprobar que a auga é máis densa que o aceite, polo que, pesa máis. Iso ocasiona que as gotas de agua se afundan no aceite e por moito que removamos non se mesturan. Definitivamente a auga e o aceite non son moi amigos!!