Esta semana descubrimos lugares do noso planeta Terra 🌏 onde hai auga, coma nos ríos, mares, lagos, nubes… Entre tantos que vimos o que máis nos chamou a atención foi ver a foto dun glaciar.
-Que pasada! Parece unha montaña de xeo!
- debe estar moi frío!
- É branco e azul!
Dicían emocionados
Así que como non podemos ir ata o glaciar, que veña o glaciar xunto nosa!
Nunha bandexa con xeo botamos sal e puidemos ver como este empezaba a derretir, botámoslle un pouco de cor azul e… cada vez parecíase un pouco máis a un glaciar! Pero… faltáballe algo! Ah si!! Poñer un xeo sobre outro coma se fose unha montaña ben alta e… tachaaaaan! O noso glaciar apareceu 🤍
No hay comentarios:
Publicar un comentario