domingo, 26 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Bos días! Na entrada de hoxe amosámosvos como xogaron e aprenderon Claudia e Enzo con Aurelio. Que ben! Só cos seus nomes xa conseguiron coleccionar as cinco vogais! 


Ainoa, Diego, Nora, Sergio, Mateo, Vega e David crearon as marionetas da Cebra Camila e fixéronas galopar cos seus dedos! Que orixinais todas! Agardamos que o pasarades ben!


 



David e Yerai completaron o libriño do conto A que sabe a lúa? e Lía fixo unha composión dos animais e a lúa que nos encantou. Mirade canto se esforzaron!

 


E David pasou un bo rato xogando a seguir o mapa das cores e a saltar sobre elas. Algo de movemento sempre vén moi ben!


Moitas grazas a todos e todas!

sábado, 25 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! Compartímosvos as fotos que nos siguen chegando dende as vosas casas. Nesta ocasión, Martina, Nora, Enzo e Claudia xogaron e aprenderon con A que sabe a lúa? e De que cor é un bico?




Ian e Kendra tamén descubriron o sabor da lúa grazas ó conto. Esperamos que o desfrutarades!



E Nora e Claudia tamén crearon flores de primavera, con caixas de ovos e piñas. Mirade que bonitas!

 


E por último, deixámosvos unha mensaxe de ánimo de parte de Claudia! Xa falta menos!


Moitas grazas a todos e todas! Fainos moita ilusión recibir as vosas fotos! Seguide así!

FIN DE SEMANA CON MOITA ARTE!!!

Para este fin de semana propoñémosvos algo diferente. Na seguinte imaxe podedes ver catro esculturas de Joan Miró, famoso pintor e escultor entre outras moitas facetas.
O que tedes que facer e escoller unha, a que máis vos guste e facela con materiais que teñades pola casa, vale de todo. Así que, mans a obra e a convertirse en escultores por un día.




Na seguinte imaxe podedes ver algúns exemplos de como podedes facela:



viernes, 24 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes a todos e todas! Hoxe deixámosvos as fotos que nos chegaron dende a casa de Vega, Kendra, David, Leo e Valentina. Canto esforzo e creatividade! Dá gusto vervos!

Vega, Kendra e David xogaron co conto Elmer e pasárono moi ben!





David, Leo e Kendra aprenderon con Aurelio e agora contan cunha nova mascota que lles axuda a coleccionar letras e palabras!




Por último, Valentina ccompletou o caderno do conto A que sabe a lúa? e creou a súa lúa de prata. Que bonita e brillante!


Moitas grazas a todos e a todas! E ata o próximo conto!

VÓS TAMÉN SIGNADES

As mestras quixemos darvos unha sorpresa cantando e signando o conto Lúa para que puiderades vernos dende a casa pero... A sorpresa estámola levando nós! Xa comezamos a recibir os vosos vídeos e estamos abraiadas, sodes uns artistas! Moitísimas gracias!

Compartímosvos os que nos foron chegando pero estade moi pendentes desta entrada tan especial porque a medida que recibamos máis irémola actualizando. Anímadevos a participar!









jueves, 23 de abril de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: O COELLIÑO BRANCO

Adaptado por Xosé Ballesteros Rey e ilustrado por Óscar Villán

Editado en galego pola Editorial Kalandraka 


Conto cantado extraído da canle de youtube “Bibliofranza”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: O coelliño branco precisaba axuda para botar da súa casa á cabra cabresa… pero ningún animal lle quería axudar porque tiña medo, ata que atopou a un animal pequerrechiño, a formiga. Ela non lle tiña medo á cabra cabresa e como unha boa amiga axudou ao coelliño branco. Trátase dun conto popular portugués no que se pon en valor a amizade.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: De novo deixámosvos un pequeno miniproxecto sobre o conto elaborado por nós (lembrade que non tedes por que facelo todo, só queremos aportar ideas que podedes adaptar ás vosas necesidades). Premede na imaxe para abrir o PDF.


E ademais, mirade que ideas tan divertidas para xogar co coelliño branco. Animádevos a facer unha destas manualidades, seguro que o pasaredes xenial.

SHE SAVED: Mirade que máscara de coelliño tan bonita. Para facela precisaredes un pouco de axuda pero seguro que entre todos vai a quedar xenial! Os materiais que propostos poden adaptarse: se non temos feltro podemos empregar cartolina, se non temos silicona podemos pegar calquera cola…

MOMES: E que vos parecen estes coelliños feitos con pinzas da roupa. Animádevos!


E por último un montón de ideas extraídas de Pinterest. Agardamos que vos gusten!


OS VOSOS TRABALLOS

Hoxe ímosvos amosar os vosos xogos coas cores. Por aquí vos deixamos as fotos de Leo e Valentina. No conto, os bicos cambian de cor pero hai unha cousa que non cambia... O que nos gustan as cores e o divertido que é xogar con elas!







Ainoa e Diego tamén xogaron coas cores e co conto de Minimoni. Ademais, tamén trataron de averiguar a que sabe a lúa e... Mesmo se transformaron nalgúns dos animais do conto por un anaquiño! Que maquillaxe tan bonito! 



Moitas grazas a todos e todas! Dá gusto ver o que vos esforzades e vos divertides!