viernes, 27 de diciembre de 2019

BO NADAL DENDE A AULA DA RAPOSA MAROSA!

Xa levamos uns días gozando das vacacións de Nadal coas nosas familias, pero non queríamos deixar de ensinarvos algunhas das cousiñas chulis que fixemos na clase para decorar a aula e a escola! Como eran moitas, escollimos as que máis nos gustaron, agardamos que tamén vos gustaran a vós! Desexamos que o pasedes moi moi ben neste final de ano e que o 2020 estea cheo de amor e felicidade! Aquí vos deixamos algunhas imaxes do Nadal na aula da Raposa Marosa!
POSTAIS DE NADAL!
RENOS E BOLA XIGANTE!
ESTRELAS CON PINTURA MÁXICA!
3 BOLAS PARA A ÁRBORE DE NADAL!

lunes, 23 de diciembre de 2019

PANXOLIÑA: CHEGOU O NADAL

As nenas e nenos de infantil quixeron despedir este trimestre cantando esta Panxoliña, "Chegou o Nadal".
Esperamos que vos guste.


viernes, 20 de diciembre de 2019

PIÑEIRO

Na aula de 4 anos ao longo deste trimestre traballamos o conto de Piñeiro de Kalandraka, contámolo, aprendemos a cantalo, e fixemos os debuxos. E xa para rematar grabámonos cantando e fixemos este vídeo. Esperamos que vos guste.

COMEZANDO O INVERNO...

Para darlle a benvida ó inverno na aula do Oso Urso renovamos a nosa decoración outonal por outra máis axeitada á época do ano. Nesta entrada contámosvos como o fixemos.
O primeiro que fixemos foi medir a cortiza na que pendurariamos un novo mural, así saberiamos canto papel continuo iamos precisar sen pasarnos nin quedarnos curtos. Para iso, encaixamos moitos policubos e tivemos que traballar en equipo porque a vara era tan longa que se rompía con moita facilidade. 


Despois, escollimos as cores: pintura de cores frías coma o inverno e papel de cor azul escuro, pois no inverno hai poucas horas de luz. A técnica empregada pareceunos moi divertida: tiñamos que facer rodar pelotas cheas de pintura por riba do papel! 




Para rematar, pegamos uns anaquiños de porexpan que parecían copos de neve no medio dunha tormenta e, por suposto, puxémoslle un título á nosa obra de arte. Mirade que resultado máis chulo!






jueves, 19 de diciembre de 2019

ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE

O martes pasado pola tarde nas tres aulas de infantil celebrámos os aniversarios das nenas e nenos que cumplen anos neste trimestre. Mirade que ben o pasamos!!!!






miércoles, 18 de diciembre de 2019

CIFRAS E LETRAS COA RAPOSA MAROSA

Durante o primeiro trimestre na aula da Raposa Marosa traballamos coas letras dos nosos nomes e tamén o concepto de número e cantidade do 1, 2 e 3. Para traballar cos nosos nomes, ademais de rotular as mesas e o recuncho da asemblea, elaboramos un xogo que nos axudaba a recoñecer as vogais e algunhas consoantes, a direccionalidade e a ordear correctamente as letras dos nosos nomes. Tanto traballamos que ata somos capaces de colocar os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras.
Tamén fixemos xogos de números! Con tres aros de cores formamos conxuntos de 1, 2 e 3 elementos! Conxuntos de elementos iguais e tamén distintos. Contamos, colocamos os números na casiña dos conxuntos e comprobamos que todo fose correcto recontando entre todos!
Ademais traballamos o concepto de número co dado xigante que temos na aula. 1, 2, 3, 4, 5 e ata 6 puntiños contamos nas caras do dado. Lanzámolo, contamos e logo seguíamos instruccións: Temos que dar tantos saltos como puntimos contemos, temos que buscar tantas pinturas como puntiños saian no dado. Pasámolo xenial! E como veredes na imaxe de abaixo, tamén pintamos números, fixemos os trazos, decoramos...

domingo, 15 de diciembre de 2019

CANCIÓN CHIVOS CHIVONES

Ao longo deste trimestre na aula de 6º de infantil nas sesións de música traballamos este conto, e a súa canción, que atopamos no seguinte blog, Cuentos Encantados, gracias por compartila.
Para cantala fixemos catro grupos, tendo en conta os personaxes do conto e empregamos distintos instrumentos, mirade que ben quedou.