martes, 20 de junio de 2023

XORNADA DE CONVIVENCIA COAS NOVAS FAMILIAS E O NOVO ALUMNADO

 O alumnado de nova incorporación do curso que ven visitounos o día 12 de xuño. Coñeceron as aulas de infantil nas que van a estar os próximos cursos.

Foi unha xornada moi especial e o noso alumnado preparoulles algunha sorpresiña para que a levaran para casa. 

Todo un éxito! Grazas familias por acompañarnos no primeiro paso como EQUIPO 💚





UNHA VISITA MOI ESPECIAL...

O día 2 de xuño o alumnado de infantil puido desfrutar dunha sesión de contacontos da man do alumnado do Club de Lectura do IES de Quiroga. Ademais, despois do conto "As filloas de Manola" puidemos degustar unhas filloas feitas por eles e elas.

Tamén puidemos bailar ó ritmo de "Con tango son tres" e a canción "Pingüinos a bailar".

Moitísimas grazas por facernos pasar un rato tan divertido!💜



sábado, 3 de junio de 2023

SAÍDA Ó ZOO DE MARCELLE

 O alumnado de Educación Infantil visitou este xoves día 1 de xuño o parque natural de Marcelle. Nel estiveron en contacto coa natureza e con distintas especies animais. Que marabilloso día tiveron e que gran experiencia viviron!

Deixamos aquí algunhas fotos de recordo.















A BAILAR CON BRANCA VILLARES

 O día 25 de maio visitounos Branca Villares a través dunha actividade organizada pola ANPA. Deleitounos con cantigas e bailes. Desfrutamos moito da súa actuación! 

Moitas grazas pola túa visita, desexamos que volvas pronto!










miércoles, 17 de mayo de 2023

DÍA DA ÁRBORE - VISITA DOS AXENTES MEDIOAMBIENTAIS Ó COLE

O día 10 de maio recibimos a visita dos axentes medioambientais do Servizo de Prevención de Incendios Forestais con sede na Pobra do Brollón. Esta actividade estaba programada para o día 21 de marzo, día da árbore, pero tivo que adiantarse por mor da chuvia. Os axentes prantaron árbores cos nenos e nenas de Educación Infantil e impartiron charlas de concienciación medioambiental co alumnado de primaria. Despois todas e todos, no patio, desfrutaron cos vehículos que trouxeron para demostrar o seu funcionamento. Foi unha mañá moi formativa e divertida. 

Moitas grazas por vir ó noso cole!












jueves, 4 de mayo de 2023

SAÍDA POLO PASEO FLUVIAL DE QUIROGA

 O venres fixemos a primeira saída pola localidade aproveitando que estamos traballando o centro de interese "os ríos". 

Fixemos unha caminata polo paseo fluvial do río Quiroga e observamos as cores que nos trouxo a primavera, recolectamos varias flores e follas das árbores que estamos aprendendo e que vamos usar para facer un herbario.

Tamén puidemos observar con lupa algúns dos insectos dos que falamos en clase e  tivemos a oportunidade de ver animais que viven na nosa contorna como a cegoña,  patos, vacas...

Entre tanta natureza deunos tempo a facer un picnic e gozar do marabilloso día.










lunes, 24 de abril de 2023

Semana do libro: 17 ó 21 de abril








 Esta semana celebramos a conmemoración da Semana do Libro, por iso, as familias do alumnado de Educación Infantil foron convidadas a contarnos un conto cada día da semana. 

Algúns dos títulos foron: “El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa” , “Un pouco perdido”, “Qué te contaría si pudiera hablar”, “Pirracas e as patacas” , “A ovella que chocou un ovo”…

Grazas ás familias por participar e dedicarlle ós cativos e cativas momentos tan especiais como estes.

E para mostra…