O venres fixemos a primeira saída pola localidade aproveitando que estamos traballando o centro de interese "os ríos".
Fixemos unha caminata polo paseo fluvial do río Quiroga e observamos as cores que nos trouxo a primavera, recolectamos varias flores e follas das árbores que estamos aprendendo e que vamos usar para facer un herbario.
Tamén puidemos observar con lupa algúns dos insectos dos que falamos en clase e tivemos a oportunidade de ver animais que viven na nosa contorna como a cegoña, patos, vacas...
Entre tanta natureza deunos tempo a facer un picnic e gozar do marabilloso día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario