domingo, 1 de marzo de 2020

O INVERNO

Como xa sabedes na aula da Raposa Marosa gústanos  moito traballar as estacións. Un dos traballos que fixemos foi elaborar un mural do inverno, coa profe Rocío, no que os peques fixeron os seus propios bonecos de neve: pintaron de cores os gorros, picaron círculos blancos para o corpo, puxéronlle nariz cun triángulo laranxa, tamén brazos, botóns,..e decoraron o fondo.
Velaquí o tedes, a que quedou ben bonito?


Ademais, tamén experimentamos un pouco na clase...misturamos bicarbonato e auga e conseguimos facer NEVE!!! Mesmo nos parecía que estaba fría!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do experimento:
Os pequenos pasárono pipa xogando coa "neve"...fixeron tartas, bonecos de neve, bolas,...deixaron voar a súa imaxinación e ao mesmo tempo desfrutaron coas novas sensacións e texturas.




Por último, deixámosvos unha canción que de seguro escoitástedes algunha vez, pois eles e elas coñécena moi ben e gústalles moito:


sábado, 22 de febrero de 2020

OBRADOIRO DE ENTROIDO

Para celebrar o Entroido e decorar o noso corredor, o pasado martes 18 de febreiro os nenos e nenas de infantil creamos uns pallasos moi divertidos. De cando en vez, gústanos cambiar de aula e colaborar con compañeiros e compañeiras doutras clases. Aprendemos moito dos demais!





MANDADOS DO MECO

Aquí vos deixamos algunha foto desta semana de Entroido tan emocionante. Que si bigote, capa, pixama... Este Meco deunos uns mandados moi divertidos e polas aulas de abaixo pasámolo moi ben!





ONG "MIRADAS AL MUNDO"

O día 27 de xaneiro estiveron no colexio María Martínez e Bebe da ONG “Miradas al Mundo” coa que o colexio ven colaborando hai tres anos cun mercadiño solidario que celebramos o Día de África, 25 de maio. 

Na biblioteca, María e Bebe puxéronnos vídeos dos nenos e nenas de Guinea-Bissau e invitaronnos a bailar e a decirlles algunhas palabras de agarimo. Como isto nos deu moita vergonza e non nos atrevimos, de volta na aula escribímoslles cartas e fixémoslles debuxos porque si que nos fixo moita ilusión coñecelos e queríamos decirllelo. 

Ademais, aproveitamos esta ocasión para estrenar unhas pinturas que nos regaou a profe Sara coas diferentes cores da pel. Mirade canto nos esforzamos!




Unha aperta dende a aula do Oso Urso!

TEMPO DE INVERNO

Aínda que o mes de febreiro chegou cargado de temperaturas primaverais, queremos compartir con vós algunhas artistadas que fixemos na clase do Oso Urso para decorar a aula.

A primeira, foron uns copos de neve que colocamos polas ventás durante o mes de decembro. Crealos gustounos moito xa que tiñamos que ir facendo pequenos cortes en papeis dobrados en triángulo. Despois desdobrámolos e... Sorpresa! Copos de neve todos diferentes! Como os de verdade que nunca hai un repetido.


A segunda, foron unhas paisaxes invernais nas que compuxemos dúas árbores con recortes de papel e nas que representamos unha nevada empregando os nosos dedos e témpera branca. Mirade que fríos e escuros!




Por último, como a chuvia si que foi abundante para non variar... Decoramos uns paraugas con diferentes estampados. Despois, recortámolos e pegámolos sobre cartulina negra, na que debuxamos as pingas da chuvia. Esta idea atopámola no Blog Creciendo Felices. 



miércoles, 12 de febrero de 2020

OS NOSOS NOMES

Como xa sabedes na aula da Raposa Marosa traballamos moito. Entroutras cousas este último mes seguimos traballando os nomes: escribímolos no encerado, compoñémolos coas letras de imán, formámolos ordenando tapóns con letras, tamén con letras con velcro,..damos palmadas para ver cantas sílabas teñen, comparamos cales son mais longos e cales mais curtos empregando diferentes materiais..
Hoxe imos amosarvos algúns traballos e xogos feitos na aula:

XOGO DAS INICIAIS

 XOGO DOS NOMES

 INICIAIS FEITAS CON ESPUMA E COLA


 MURAL DAS INICIAS



miércoles, 8 de enero de 2020

ARTISTAS MURALISTAS

Xa comeza o 2º trimestre, pero antes de nada, queremos amosarvos tres obras artísticas realizadas polas nenas e nenos da Aula da Raposa Marosa durante os meses de outubro, novembro e decembro... Trátase de 3 murais moi especiais. Dous deles formarán parte do libriño "Crocodilo" que dentro de pouco teredes na vosa casa... E o terceiro é o mural que formou parte da decoración do corredor de infantil durante o 1º trimestre. Mirade!
O "MURAL LARANXA " realizouse con témpera e con balóns, si si, con balóns que nos deixou a profe Lucía. Seguro que vos sorprende o resultado!
O "MURAL VERMELLO" está feito con moitísimos círculos! Círculos feitos con ceras, rotuladores, témpera... Non parece unha obra da artista Yayoi Kusama?
E o "MURAL DE OUTONO" que fixemos coa profe Rocío. Para facer o fondo do mural, empregamos témperas das cores do outono (amarelo, vermello, laranxa e marrón) creando unha textura moi especial, esparexando as cores cuns cartóns e facendo liñas rectas, curvas... mesturando todo moi ben. Despois pucxemos as árbores (sen follas claro) pegando papeliños na súa silueta, e por último, as nosas fotos. Que chuli quedou!