viernes, 27 de enero de 2023

Os estados da auga!!!

 Continuamos co noso proxecto sobre a auga. Neste caso, durante esta semana, investigamos sobre os estados da auga. Comezamos vendo un vídeo explicativo, para logo facer un xogo de clasificación de imaxes en relación ao seu estado líquido, sólido ou gaseoso. 

Rematamos a semana, facendo unha visita a dúas instalacións do cole!!!

Primeiro visitamos a sala de profes para meter un recipiente de auga líquida dentro do microondas. Un toque de calor e....tachán!!! Converteuse en estado gaseoso a través do vapor que saía do recipiente.

Logo fomos ata a cociña, para ver que pasaba se metemos a auga líquida dentro do conxelador...

Novamente maxia! Converteuse en estado sólido!!!

Finalmente aproveitando que eses xeos tiñan un toque de cor, realizamos unha obra de arte con eles!!

Que nos deparará a semana que ven???





No hay comentarios:

Publicar un comentario