viernes, 26 de enero de 2024

Construímos as nosas covas!

Continuamos a nosa andaina pola prehistoria, e nesta ocasión centrámonos nas vivendas!! 

As covas eran as casiñas nas que habitaban os humanos prehistóricos. Para coñecer un pouco mellor estas edificacións, observamos un conto denominado: La cueva de Nico.

Logo construímos a nosa cova con papel e comentamos cales eran as semellanzas e as diferenzas con respecto ás casas que habitamos actualmente.

Rematamos esta semana, modelando con barro a nosa cova particular!!

Seguiremos informando proximamente sobre esta viaxe!!














viernes, 19 de enero de 2024

Convertémonos en trogloditas!

 Continuamos investigando novas cousiñas sobre a prehistoria. 

Nesta semana abordamos a vestimenta daquela época, onde puidemos observar que era ben diferente á roupa que emepegamos na actualidade. 

Para rematar, elaboramos un autoretrato no que nos convertemos nuns trogloditas ben divertidos! 

A aventura continúa!!!!








martes, 12 de diciembre de 2023

Obradoiro de galletas de nadal!

Hoxe foi un día moi especial nas aulas de infantil!!!

Cada día do mes de decembro, o noso calendario de advento dinos que actividade temos que facer. Pero a actividade de hoxe foi mooooi divertida!!!

Realizamos un obradoiro de galletas de nadal!!! 

Se xa é divertido de por sí, imaxinade contar coa axuda de varias das nosas mamás e papás da aula!!! 

Disfrutamos un montón amasando, dándolles forma, e despois coméndoas!!! Estaban deliciosas!!!

Moooitas gracias aos papis participantes!!! Agardámosvos próximamente para novas actividades!!










martes, 5 de diciembre de 2023

Seguimos investigando sobre a prehistoria!

Continuamos investigando máis cousiñas sobre a prehistoria! 

Durante estas semanas, visionamos o conto de Croniñón que nos axudou a comprender un pouco mellor esta etapa.

Ademais coñecemos, cales son as dúas etapas máis importantes da prehistoria. A idade de pedra e a idade dos metais, nas cales afondaremos durante as próximas semanas.

Por último, observamos como o ser humano evolucionou ao longo do tempo, familiarizándonos cos seus nomes pero sobre todo coas principais diferenzas atopadas.

Seguiremos informando da nosa investigación!!! 




viernes, 17 de noviembre de 2023

Un novo proxecto que investigar!

 Comezamos unha nova investigación!

Este ano decidimos fedellar sobre a Quiroga da prehistoria a través do PDI do centro “Un territorio con moita historia”.

Como actividade de motivación o alumnado descubriu cal era o tema a investigar a través dunhas figuras en miniatura sobre a prehistoria.

Desenterramos, picamos, buscamos… e así descobrimos que indagaríamos sobre dito tema.


Despois, tocounos falar moito, precisábamos coñecer “Que sabemos?” e “Que nos gustaría saber?”. Algúns nenos/as xa son medios expertos e axudarannos a coñecer todos os detalles desta época.















martes, 20 de junio de 2023

GRADUACIÓN DE 6º DE INFANTIL

 Hoxe celebramos a graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil na Casa da Cultura. Comezamos cunha breve actuación de todo o alumnado de infantil e rematamos coa entrega de birretes, orlas e diplomas. 

Moitas grazas familias pola vosa implicación durante todo o curso. Esta historia continúa... Vémonos en primaria!🎓








XORNADA DE CONVIVENCIA COAS NOVAS FAMILIAS E O NOVO ALUMNADO

 O alumnado de nova incorporación do curso que ven visitounos o día 12 de xuño. Coñeceron as aulas de infantil nas que van a estar os próximos cursos.

Foi unha xornada moi especial e o noso alumnado preparoulles algunha sorpresiña para que a levaran para casa. 

Todo un éxito! Grazas familias por acompañarnos no primeiro paso como EQUIPO 💚