lunes, 21 de junio de 2021

UN MUSEO AO AIRE LIBRE

Para rematar o curso, fomos de excursión pola nosa vila, fotografando todos os murais e instalacións do noso "Museo ao aire libre". Despois, recuperamos forzas cun bo aperitivo e xogamos no Parque da Constitución. Queredes ver o ben que o pasamos? Pois premede na foto de cada grupo!




E con esta entrada aproveitamos para despedirnos. Xa case rematou este curso tan diferente e só podemos agradecervos o voso esforzo e a vosa paciencia. Grazas por ensinarnos a sorrir só coa mirada e esperamos volver ver os vosos sorrisos moi pronto! Pasade un bo verán!

lunes, 7 de junio de 2021

FÓSILES DE AMONITES EN 3D

Estes días os nenos e nenas de infantil aprendemos que son os fósiles, que podemos ver en museos como o Xeolóxico de Quiroga ou, se temos sorte, nunha excursión polo noso Xeoparque. Para iso, creamos un fósil de amonites empregando arxila branca e uns modelos en miniatura que imprimimos na impresora 3D que hai na biblioteca do colexio. Ademais, tamén subimos ver como esta máquina tan sorprendente creaba fósiles novos. Gustounos moitísimo! Mirade!












lunes, 17 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, COÑECENDO A XELA ARIAS

Feliz día das nosas letras! Hoxe ensinámosvos as chapas de Xela Arias que fixemos en infantil para celebrar este día. Ademais, compartímosvos o vídeoclip da canción "Darío a diario" na que A Banda da Loba versiona os versos desta autora. Agardamos que vos gusten!









martes, 11 de mayo de 2021

PLANTAMOS LENTELLAS

Na clase do Esquío Martiño estivemos plantando lentellas. Só necesitamos terra, auga e sol e... Mirade canto medraron as nosas plantiñas nuns poucos días! Encantounos coidalas e observalas cada día! E agora... A seguir coidándoas na casiña!







miércoles, 5 de mayo de 2021

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

O 23 de abril creamos uns marcapáxinas para conmemorar o Día do Libro. Canto nos gusta ler e que nos lean!






OBRADOIRO BOLBORETAS

Para darlle a benvida á primavera tamén cambiamos a decoración do noso corredor, creando unhas bolboretas con tubos de papel hixiénico, cartolina e os TIPS que nos sobraron dos antefaces de Entroido. Mirade que bonitas e coloridas! Agardamos que vos gusten!








domingo, 25 de abril de 2021

PRIMAVERA CO CORZO VIEIROS

Os nenos e nenas da clase do Corzo Vieiros tamén creamos un mural primaveral cheo de flores e árbores coloridas! Ademais, fixemos uns tulipáns de papiroflexia! Agardamos que vos gusten!